Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.447

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de novembro de 1997 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública, por Orde do 13 de outubro de 1997 (DOG nº 205, do 23 de outubro de 1997), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e de acordo co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta vonsellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I da presente orde.

Segundo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Denominación: xefe do Servicio de Coordinación da Reforma Administrativa.

Centro directivo: delegación provincial.

Localidade: Lugo.

Código: PR.C99.10.000.27001.021.

97-9343