Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.433

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de novembro de 1997 pola que se autoriza o inicio das actividades do centro residencial para persoas maiores en Castro de Ribeiras de Lea-Castro de Rei (Lugo).

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, para a creación de centros de servicios sociais propios da Administración autonómica é necesaria unha norma con categoría de decreto, mentres que para o inicio das súas actividades é precisa unha orde da consellería competente.

Pola súa vez, o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, regula os requisitos xerais do réxime de autorización e acreditación dos centros de servicios sociais, e a Orde do 18 de abril de 1996 desenvolve o Decreto 243/1995, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumpri-los centros de atención ás persoas maiores.

Creado o centro residencial para persoas maiores en Castro de Ribeiras de Lea-Castro de Rei (Lugo) polo Decreto 301/1996, do 12 de xullo, agora, de acordo coa devandita normativa, procede autoriza-lo inicio das súas actividades.

Por outra banda, e tendo en conta que a disposición derradeira primeira do antedito decreto autoriza o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para o seu desenvolvemento e execución,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ponse en funcionamento e autorízase o inicio das actividades do centro residencial para persoas maiores que figura no anexo.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Centro: centro residencial para persoas maiores. Localidade: Castro de Ribeiras de Lea-Castro de Rei.

Concello: Castro de Rei.

Provincia: Lugo.

7396