Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/113-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: A Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. Gondás-Vilas.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 3.331 m de lonxitude, con conductor tipo LA-78, sobre apoios metálicos, desde o centro de automatismo de Gondás rematando no C.T. existente de Vilas, concello de Gondomar.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 15 outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8833