Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/429-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solitante: Sociedad Electricista de Tui.

Enderezo social: Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e 2 CC.TT. en Soutelo-Torreiro-Rapado-Baldráns.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, de 1.871 m de lonxitude o tramo aéreo, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, e 100 m de lonxitude o treito subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Caldelas-Escola ata o C.T. que se proxecta en Soutelo-Torreiros, concello de Tui. C.T. de 250 kVA, en Soutelo-Torreiro e C.T. de 50 kVA en Rapado-Baldráns, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8755