Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación os titulares dos predios afectados polo proxecto de instalacións de gasificación do noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa. Fase I.

O 17 de novembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións do proxecto de gasificación do noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de necesidade de ocupación dos terreos afectados. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da citada lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na Casa do Concello onde están os predios, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade con procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade máis o último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas, os afectados deberán presentarse no Concello de Caldas de Reis, o próximo día 11 de decembro de 1997, a partir das 9 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e máis a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiacion forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 19 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación que se cita con expresión de número de predio, titular

Datos catastrais (polígono e parcela) e natureza

AfecciónCatastroCitación
Predio nºTitular e enderezoNatureza
Lonx. M.L.O. Tem. mPolíg.ParcelaMesDíaHora

T.M.: Caldas de Reis
PO-CA-957Descoñecido22086384Terra laborDecembro1112

372