Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións da rede de distribución de gas natural O Porriño-Vigo. Addenda 1.

O 29 de outubro de 1997, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións da rede de distribución de gas natural O Porriño-Vigo. Addenda 1. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da citada lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na Casa do Concello onde están os predios, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade con procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente

autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade máis o último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas, os afectados deberán presentarse no Concello do Porriño, o próximo día 15 de decembro de 1997, a partir das 9 horas; no Concello de Vigo, os próximo días 16, 17 e 18 de decembro de 1997, a partir das 9 horas; e no Concello de Mos o próximo 19 de decembro, a partir das 9 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e máis a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiacion forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 18 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación que se cita con expresión do número de predio, titular

Datos catastrais (polígono e parcela) e natureza

AfecciónCatastroCitación
Predio nºTitular e enderezoNatureza
Lonx. M.L.O. Tem. mPolíg.ParcelaMesDíaHora

T.M.: Mos
PO-MS-1124 VDescoñecido26104XardínDecembro1910
PO-MS-1125 VDescoñecido26104XardínDecembro1910
PO-MS-1126 VDescoñecido0104Monte altoDecembro1910
PO-MS-1127 VDescoñecido0104XardínDecembro1910
PO-MS-1146 VDescoñecido01326897Monte baixoDecembro1910
PO-MS-1149 VDescoñecido02296899Monte altoDecembro1910

T.M.: O Porriño
PO-PR-1081 VDescoñecido1201.21031s/nMonte baixoDecembro1512
PO-PR-1082 VDescoñecido2121031105Monte baixoDecembro1512
PO-PR-1087 VDescoñecido6868031112Monte baixoDecembro1512
PO-PR-1093 VDescoñecido01531161Monte baixoDecembro1512
PO-PR-1094 VDescoñecido32450Monte altoDecembro1512
PO-PR-1118/2 VDescoñecido20200Monte altoDecembro1512

T.M.: Vigo
PO-VO-94 VDescoñecido210019934Terra laborDecembro1617
PO-VO-98/2 VDescoñecido2330019918Monte altoDecembro1617
PO-VO-109 VDescoñecido010200817Árbores ribeiraDecembro1617
PO-VO-112 VDescoñecido6782001056PradoDecembro1617
PO-VO-113 VDescoñecido791200814PradoDecembro1617
PO-VO-114 VDescoñecido791200800Árbores ribeiraDecembro1617
PO-VO-115 VDescoñecido791200799Árbores ribeiraDecembro1617
PO-VO-116 VDescoñecido360200627Árbores ribeiraDecembro1617
PO-VO-122 VDescoñecido131692001057PradoDecembro1617
PO-VO-124/1 VDescoñecido19247200585Terra laborDecembro1617
PO-VO-124/6 VDescoñecido028200128Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/27 VDescoñecido048170545Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/29 VDescoñecido32416170560Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/30 VDescoñecido12156170561Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/32 VDescoñecido26364170563Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/34 VDescoñecido41287170716Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/42 VDescoñecido53689170389Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/52 VDescoñecido678170251Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/53 VDescoñecido565170250Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/56 VDescoñecido8104170247Terra laborDecembro1717
PO-VO-124/57 VDescoñecido565170246Terra laborDecembro1817
PO-VO-124/65 VDescoñecido580170133Terra laborDecembro1817
PO-VO-124/66 VDescoñecido11143170132Terra laborDecembro1817
PO-VO-124/68 VDescoñecido30507170131Terra laborDecembro1817
PO-VO-124/69 VDescoñecido010170130Terra laborDecembro1817
PO-VO-124/74 VDescoñecido475170505Terra laborDecembro1817
PO-VO-124/75 VDescoñecido015170506Terra laborDecembro1817
PO-VO-147 VDescoñecido791s/ns/nTerra laborDecembro1817
PO-VO-152 VDescoñecido791s/ns/nTerra laborDecembro1817
PO-VO-179 VDescoñecido11143s/ns/nTerra laborDecembro1817

9362