Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de novembro de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

-La jurisprudencia del Tribunal de Justicia de las Comunidades Europeas sobre la política común de la pesca. PVP: 2.000 ptas.

-O mecánico a bordo. Guía de prácticas básicas de taller. PVP: 950 ptas.

8956