Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.377

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 341/1997, do 13 de novembro, polo que se dispón o cesamento de dous vocais do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do Ente Público Portos de Galicia, así se dispón no artigo 10 do regulamento do ente aprobado por Decreto 227/1995, do 20 de xullo; no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración do ente público, así como a forma de nomea-los vocais, sendo todos eles nomeados por proposta do presidente do Ente Público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Producida a vacante do vocal representante da Administración autonómica, pola Consellería de Política Terrritorial, Obras Públicas e Vivenda, Pablo Crespo Sabarís e producida a vacante do vocal representante dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, José M. Vila Pérez, ámbalas dúas vacantes como consecuencia de renuncia anticipada por incompatibilidade sobrevida, en virtude do disposto no artigo 10 da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do Ente Público Portos de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e do presidente de Portos de Galicia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de novembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Cesar, por petición propia, o vocal do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia, en representación da Administración autonómica pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Pablo Crespo Sabarís, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º

Cesar, por petición propia, o vocal do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia, en representación dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña José M. Vila Pérez, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, trece de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9035