Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por Decreto 258/1997, do 18 de setembro, do Consello da Xunta de Galicia, foi declarada de urxencia para efectos expropiatorios, a ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras do proxecto de recuperación da canle e ordenación de marxes para a mellora da cualidade da auga do río Louro no Porriño (Pontevedra).

En consecuencia, este concello resolveu convoca-los propietarios afectados incluídos na relación anexa, conforme se lles notifica nas correspondentes cédulas individuais, para que logo do traslado ós

predios de ser isto necesario, se proceda ó levantamento das actas previas á ocupación.

O dito levantemento terá lugar no Concello do Porriño o próximo día 16 de decembro das 10 ás 14 horas.

Ó citado acto concorrerán os afectados, persoalmente ou ben representados por persoa con poder bastante, achegando os documentos acreditativos da propiedade ou titularidade que se posúa sobre os

predios, podéndose acompañar de seus peritos e un notario, pola súa conta.

A teor do preceptuado no artigo 56-2 do vixente Regulamento de expropiación forzosa, os interesados poderán formular por escrito ante este concello as alegacións que consideren oportunas, para os efectos de emendar erros que se puidesen cometer ó describi-los bens afectados pola urxente ocupación.

O Porriño, 7 de novembro de 1997.

O alcalde Acctal.

Rubricado

ANEXO

Relación de afectados

Predio nº

Titular e domicilio

Clase de terreo

Superficie afectada m

Ocupación

temporal

Ocupación

definitiva

5Luisa Villanueva Godoy

Rúa do Carballiño, 30 Ribadavia-Ourense

Inculto5
6Manuel Oliveira Casares

R/ Progreso, 5. O Porriño

Inculto e viñas40
7Narciso Santos Alonso

R/ Progreso, 13-2º. O Porriño

Inculto e viñas40
8María Santos Rodríguez

R/ Progreso, 13-1º. O Porriño

Inculto e viñas42
9Salvador Martínez Alfaya

Avda. Buenos Aires. O Porriño

Inculto156
10José Otero López

Avda. Galicia. Edif. Leiros. O Porriño

Inculto15119
11Herdeiros de José Toucedo Rodríguez

R/ Ramón González, 33. O Porriño

Inculto968
12Frigolouro

Travesía do Matadoiro. O Porriño

Inculto197
13Frigolouro

Travesía do matadoiro. O Porriño

Inculto902
14Carmen Cabaleiros Rodríguez

R/ Avelino Villasuso, 11. O Porriño

Inculto1.651
15Servando, José e Carmen Diz Domínguez

Praza do Xeneralísimo, 6. O Porriño

Inculto e viñas3.231