Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello en sesión extraordinaria realizada o día 28 de outubro de 1997, adxudicoulle a unión temporal de empresas que vai ser constituída por Ferrovial Servicios, S.A. e Cadagua, S.A., a xestión do servicio público de abastecemento de auga potable, mantemento e rede de saneamento (rede de sumidoiros) e depuración de augas residuais, na modalidade de concesión administrativa, por un período de 20 anos.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Poio, 3 de novembro de 1997.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

9268