Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/294-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. circunvalación Salceda.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 773 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde unha torre existente da L.M.T. xeral Budiño-Salceda na derivación á L.M.T. san Xurxo e L.M.T. Parderrubias, rematando na L.M.T. xeral Salceda-Salvaterra, concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Ourense

8748