Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 133/1996).

D e conformidade co disposto no artigo 31 do regulamenteo da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, de 843 metros de lonxitude, con orixe na liña Folgoso-Galiñeiro e centro de transformación aéreo no lugar de Vilarello, nos termos municipais de Oroso e Frades (expediente 133/1996), da que con data 21-2-1997 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa dentro do prazo dos quince días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 24 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 133/1996Provincia: A Coruña

Liña L.M.T., C.T. VilarelloTermo municipal: Oroso

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº

apoiommlm

12A Chousa VellaMonte altoHrdos. Manuel Rey Cebreiro

rta/ Concepción Carneiro Castro

Vilarello-Moar

15686 Frades

13208

Termo municipal: Frades

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº

apoiommlm

18Chousa da BestaMonte altoHrdos. Manuel Rey Cebreiro

rta/ Concepción Carneiro Castro

Vilarello-Moar

15686 Frades

3219589

20Chousa da BestaMonte altoHrdos. Manuel Rey Cebreiro

rta/ Concepción Carneiro Castro

Vilarello-Moar

15686 Frades

780

8747