Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 128/1994).

Declarada urxente a instalación da liña eléctrica aérea a 20 kV de 2.196 m de lonxitude, sobre apoios

de formigón, con conductor LA-110, desde a liña subestación Sada-Mera, ata a liña Vigue-Carnoedo, percorrido nos termos municipais de Oleiros e Sada (expediente número 128/1994), para efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso polo Decreto 274/1997, do 10 de setembro, (Diario Oficial de Galicia do 6-10-1997), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56

do seu regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG do 21-12-1995, que o representante e o perito da Administración se constituirán nos predios de Oleiros o día 17-12-1997 a partir das 11.30 horas, e nos predios de Sada o día 18-12-1997 a partir das 11 horas, para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas das casas consistoriais as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e dereitos afectados por expropiación ou servidumes.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoa que os represente e, se así o consideran oportuno, cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións no dito acto e aportar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, unicamente para os efectos de emendar posibles erros da relación.

Esta publicación realízase igualmente para efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 21 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7892