Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (72/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas nº 72/1997, que se segue por lesións en agresión, cítase a Manuel León Lorenzo, Mario Araújo Ledo e Óscar Gómez Pérez para que o vindeiro día vinteoito de novembro, ás 11 horas, comparezan perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistiren á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciados baixo apercibimento de que se non o verifican nin alegan xusta causa para deixar de facelo, poderán ser multados conforme a lei e recaer sobre eles os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se son parte, ser asistidos por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tenten valerse. E para que así conste e lles sirva de citación en forma a Manuel León Lorenzo, Mario Araújo Ledo e Óscar Gómez Pérez, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o once de novembro de mil

novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9022