Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (213/1994).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira fai saber que no xuízo de separación conxugal seguido ante este xulgado co número 213/1994, promovido por José Manuel Sánchez Blanco e María Soledad Hermo Triñanes, contra Ministerio Fiscal acordou, por providencia desta data, proceder ó embargo de bens de José Manuel Sánchez Blanco, co domicilio actual descoñecido, practicado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De non comparecer recaerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

Bens embargados: predio nº 13. Vivenda tipo B en terceira planta alta, con entrada desde a zona axardinada polo portal da dereita, ou nº 1, da superficie útil de 90 m. Ten como anexo no faiado o rocho sinalado co nº 12, de trece metros e cincuenta decímetros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 704, libro 112, predio nº 19.166, inscrición 1ª.

Dado en Ribeira o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9021