Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de novembro de 1997 pola que se declara de interese galego a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Burela-A Mariña, e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Con data do 23 de outubro de 1997 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 14 de outubro de 1997, pola que se clasifica como de interese social a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Burela-A Mariña, adscribíndoa á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 6 dos seus estatutos, ten como obxecto proporcionar asistencia social para discapacitados psíquicos en idade laboral cunha minusvalidez que lles impida a súa integración nunha empresa ou nun centro especial de emprego, prestando funcións tutelares, asistenciais ocupacionais e, en xeral, calquera tipo de

actividades formativas ou educacionais tendendes a mellora-la calidade de vida dos seus beneficiarios.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro e 32.3º.a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Burela-A Mariña, ó cumpri-los seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordena-la inscrición da Fundación para a protección de Discapacitados Psíquicos de Burela-A Mariña no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, para os efectos constitutivos que sinala o artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a lle render contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como presentarlle o proxecto de orzamento ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

6509