Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.272

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ROF CODINA

ANUNCIO do 19 de novembro de 1997 polo que se fai pública a convocatoria para a contratación dun auxiliar administrativo especialista en informática de xestión para a Fundación Rof Codina (FRC).

Por resolución da presidencia da Fundación Rof Codina, con data do 11-11-1997, anúnciase concurso público, a través de expediente ordinario, para a contratación dunha praza de auxiliar administrativo especialista en informática de xestión para a FRC. O prazo de recollida das bases e presentación das solicitudes rematará o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio. Para consulta-las bases, solicitar información e presenta-la documentación, os interesados deberán dirixirse á Fundación Rof Codina, estrada da Granxa, s/n, 27002 Lugo. Teléfono (982) 28 59 28.

Lugo, 19 de novembro de 1997.

José Manuel Piñeiro Somoza

Director-xerente da Fundación Rof Codina

8667