Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle U.E. IV-13 Ramón Nieto 7 (expediente 4400/411/97).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do día 5 de setembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución delimitada no PXOU IV-13 Ramón Nieto, 7, presentado pola Fundación Escuelas Nieto, redactado polo arquitecto Carlos Rodríguez de la Torre con documentación visada polo COAG os días 21 de abril e 24 de xuño de 1997; sométese a información pública durante o prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a derradeira publicación. O expediente atópase ó dispor do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 1 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

9211