Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/51-2, 4722 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Fontecova, Aralde e outros.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión, a 20 kV, en conductor LA-56, sobre torres metálicas, cunha lonxitude de 80 metros. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un, sobre torre metálica ó final da liña. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-25-50-95, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Fontecova, Aralde e outros, concello de Viveiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 14 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8736