Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación, polo sistema de concurso aberto, con trámite de urxencia, da subministración de material informático para o ILGG.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, do 5 de novembro de 1997, se lle adxudicou o primeiro lote do contrato de material informático á empresa Coremain, S.L., por un importe de catorce millóns cincuenta mil pesetas (14.050.000 ptas.) e o segundo lote á empresa Sermática, S.A. por un importe de sete millóns catrocentas dezanove mil catrocentas pesetas (7.419.400 ptas.).

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro

de Galicia

9160