Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación, polo sistema de concurso aberto, da subministración de vehículos para o ILGG.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, do 5 de novembro de 1997, se lle adxudicou o contrato de subministración de vehículos para o ILGG (1º e 2º lotes) á empresa Noyamóvil, S.A., por un importe total de nove millóns cento setenta mil pesetas (9.170.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro

de Galicia

8916