Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de outubro de 1997 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea S.A. I.

Visto o expediente incoado por Emilio Agra Piñeiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón (M. galloprovincialis) denominado S.A. I., outorgado pola orde ministerial do 11-3-1964, situado na cuadrícula nº 9, do polígono G de Cambados, rematando a concesión o 24-3-2004, e do que era titular Emilio-Salvador Agra Fernández.

Tendo en conta o informe do Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1 do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Derradeiras Vontades, o testamento e a escritura particional da herdanza debidamente liquidada de impostos, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Emilio Agra Piñeiro.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior e queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 14 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo

8715