Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de outubro de 1997 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea S.A. III.

Visto o expediente incoado por Pilar Agra Piñeiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de ostra plana (Ostrea edulis) denominado S.A. III, outorgado pola orde ministerial do 21-6-1972, situado na cuadrícula nº 23, do polígono G de Cambados, ematando a concesión o 29-7-2002, e do que era titular D. Emilio-Salvador Agra Fernández.

Tendo en conta o informe do Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1 do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Derradeiras Vontades, o testamento e a escritura particional da herdanza debidamente liquidada de impostos, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro de que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Pilar Agra Piñeiro.

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e queda obrigada a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 14 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo

8650