Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-105/97 e dez máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formu

laren as alegacións, aportaren documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9 de agosto).

Pontevedra, 21 de outubro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Exped.-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-105/97José García Carrera

Xinzo-O Viso, 11, Ponteareas

Dedicarse á pesca da lamprea á man, auxiliado cunha lanterna, en tramo de río vedado de pesca ata o 1 de maio de 1997, carecendo de licencia de pesca. Foi sorprendido portando unha lanterna que emite luz artificial, alumeando con ela pola presa cara á escala e introducindo a man entre as pedras por ámbolos dous lados da escala piscícola para capturar algunha lamprea, continuando co mesmo cometido augas abaixo pola marxe esquerda, uns 15 metros, ata uns illotes, todo isto alumeando coa lanterna e revisando os caveiros existentes na zona, non tendo capturado ningún exemplar. Acto seguido procedeuse á súa identificación; preguntado o motivo de alumear cara ó río e revisa-los caveiros así como te-lo calzado mollado, manifesta que o fai para pescar lampreas, para realizar unha cea cuns amigos, que por moita vixilancia que houbera, pensaba coller algunha, o día 17 de abril de 1997, na marxe esquerda do río Tea, no concello de

Ponteareas.

Art. 34.1º, 34.6º, 34.11º, 34.9º, 35.19º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 e 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial600.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano e 1 día

P-124/97José Luis Vázquez Suárez

Avda. Castelao, Bl. 4

Santiago de Compostela

Pescar con engado non autorizado (miñoca) en ríos salmoneiros, sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 1 de maio de 1997, no río Ulla, no concello de Arzúa.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial20.000 ptas.

P-131/97José García Carrera

Xinzo-O Viso, 11, Ponteareas

Manipulación de escala para paso de salmónidos con axuda dunha chave inglesa, o día 30 de abril de 1997, no río Tea, no concello de Ponteareas.Art. 34.30º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia durante 1 ano por ser reincidente en infraccións da Lei 7/1992

P-142/97José Martínez Fuentes

A Peregrina

Santiago de Compostela

Pescar nun tramo vedado ata o 11 de maio pola Orde do 17 de febreiro de 1997, o día 6 de maio de 1997, no río Umia, concello de Ribadumia.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial20.000 ptas.

P-150/97Andrés Alfonso Liste Silva

Pousada-Boqueixón-A Coruña

Pescar nun tramo vedado do río Umia, sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 4 de maio de 1997, no río Umia, concello de Meis.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial25.000 ptas. por se-lo denunciado reincidente en infraccións da Lei 7/1992

P-156/97Francisco Portela Barroncas

Cotiño, 13, A Lama

Pescar nun couto sen permiso, capturando unha troita de medida non regulamentaria (13 cm) o día 11 de maio de 1997, no río Verdugo, concello da Lama.Art. 33.9º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 e 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial52.000 ptas. e indemnización de 1.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia durante 1 ano

P-170/97Faustino Rodríguez Rodríguez

A Pica, 5, Moreira-A Estrada

Pescar, xunto con outro, empregando 6 canas, cando o número máximo de canas autorizado é de 2, segundo a Orde do 17-2-1997, o día 25 de maio de 1997, no río Ulla, no concello de Rianxo.Art. 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial15.000 ptas.

-Exped.-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-171/97Carlos Calvo Álvarez

Pontevea-Teo-A Coruña

Pescar con engado non autorizado en ríos salmoneiros (escalo) e liña superior á medida, sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 19 de maio de 1997, no río Ulla, concello de Teo.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial20.000 ptas.

P-175/97Joaquín Fco. Lema Lorenzo

José Solla, 137, Arcade

Soutomaior

Pescar con cana en tramo coutado carecendo do correspondente permiso, sendo visto efectuando lances á auga empregando como engado culleriña, o día 22 de maio de 1997, no río Oitavén, concello de Ponte-Caldelas.Art. 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001 ptas. e Inhab. para obte-la licencia durante 1 ano

P-182/97Julio Turnes Martínez

Herbón-Padrón-A Coruña

Pescar sen licencia e con engado non autorizado en ríos salmoneiros (miñoca), sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 29 de maio de 1997, no río Ulla, concello de Padrón.Art. 34.1º e 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 e 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial52.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia durante 1 ano

P-184/97José Suárez Longueira

Avda. de Vigo, 25-1º B

Pontevedra

Pescar 3 troitas de tamaño inferior ó regulamentario (14, 15 e 16 cm) o día 29 de maio de 1997, no río Gafos, concello de Pontevedra.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000 ptas. e indemnización de 5.000 ptas.

8572