Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Capelada II. (Expediente 3/97).

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de xullo de 1997, e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declarouse o Plan Eólico de Galicia como plan sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Conforme o procedemento establecido e dando cumprimento ó disposto no artigo 25.3º da citada Lei 10/1995, someto a información pública o proxecto sectorial do parque eólico Capelada II situado nos termos municipais de Cariño, Cedeira e Ortigueira.

Toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente poderá examina-lo citado proxecto e presenta-las alegacións que se consideren oportunas no prazo dun mes, contado desde a presentación da presente resolución no DOG, nesta delegación provincial sita na praza de Luis Seoane s/n, edificio de servicios múltiples, 15008 A Coruña, ou mediante calquera das formas e lugares recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 11 de novembro de 1997.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8567