Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica a 132 kV Foz-Magazos (expediente 006/97) e da súa declaración de utilidade pública.

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazo das liñas eléctricas de referencia, que

contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Barras Eléctricas Galáico Asturianas, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Traza, datos básicos e localización:

1. Liña eléctrica 132 kV, cunha lonxitude de 36,307 Km discorrendo polo termos municipais de Foz, 17,643 Km; Cervo, 8,565 Km; Xove, 5,618 Km; e Viveiro 4,481 Km, conductor LA-110 especial, apoios metálicos de celosía, galvanizados, orixe na subestación Foz e final na subestación de Magazos.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 53, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 40/1994 e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, de Lugo), e formularlle a este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que falarán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 29 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-7067