Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., no concello de Arteixo (A Coruña), e se inclúe no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente RCI-15571).

A empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., con domicilio para efectos de notificacións no polígono industrial de Sabón, parcela nº 136, concello de Arteixo (A Coruña), solicitou autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica, así como o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións

hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, e a súa inclusión no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto, acompañando para tales efectos o preceptivo anteproxecto da instalación, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación a que fai referencia ó artigo 5.4º do citado real decreto.

A devandita planta de coxeración situarase nos terreos da factoría, dedicada á fabricación de productos lácteos e dos seus derivados, que a referida empresa ten na indicada parcela do polígono industrial de Sabón, Arteixo (A Coruña).

Resultando que, de conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do

30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 19 de xaneiro de 1996 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 14-2-1996 e no BOP da Coruña do 8-2-1996, non presentándose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando que a planta de coxeración, da que se solicita autorización administrativa, ten as seguintes características técnicas básicas:

-Dous motores de ciclo diesel, de inxección directa, de 18 cilindros en V, a 750 r.p.m. e 6.220 kW de potencia unitaria, alimentados por fuelóleo; dous alternadores síncronos trifásicos de 7.060 kVA de potencia nominal aparente c/u, a unha tensión de 6 kV e un Cos º = 0,85; un sistema de recuperación de calor que aproveita a calor dos gases de escape dos motores mediante dúas caldeiras, as que xeran cada unha 2,46 Tm/hora de vapor; dous sistemas de xeración de auga quente que aproveitan o calor sensible da auga da refrixeración dos motores; depósitos de almacenamento de combustible, equipos de preparación, trasfega e filtraxe deste; equipos de protección, control, sinalización e medida na parte eléctrica.

Resultando que a solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Considerando que se cumpriu a tramitación regulamentaria, e que a planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o cumbustible en cuestión se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten no polígono industrial de Sabón, Arteixo (A Coruña).

Segundo.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxi

me especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á devandita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8720