Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no concello de Padrón e cinco máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: a Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Padrón (A Coruña).

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a noventa e seis millóns setecentas trinta e catro mil noventa e nove pesetas (96.734.099 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

3. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo, no colexio público de San Francisco Javier, no concello da Coruña (A Coruña).

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cento cinco millóns seiscentas sesenta e unha mil catrocentas doce pesetas (105.661.412 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

4. Construcción bancadas e vestiarios no estadio de atletismo no concello de Narón (A Coruña).

a) Prazo de execución: seis (6) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a oitenta e tres millóns cincocentas vintenove mil cento setenta pesetas (83.529.170 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría e.

5. Obxecto do contrato: 5ª fase do pavillón polideportivo de San Valentín, no concello de Fene (A Coruña).

a) Prazo de execución: cinco (5) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a corenta e sete millóns cento nove mil sesenta pesetas (47.109.060 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

6. Obxecto do contrato: urbanización do contorno do INEF de Galicia, en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: seis (6) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a corenta e cinco millóns trescentas oitenta e oito mil duascentas oitenta e sete pesetas (45.388.287 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

7. Garantía provisional: prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación. Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida quedan eximidos de presta-la garantía provisional (artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

8. Obtención de documentación e información: no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

Fotocopias dos proxectos técnicos e do prego de cláusulas administrativas poderá ser solicitado directamente en Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela. Teléfono: 59 03 02.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

10. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

11. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

8713