Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.L., sita no polígono industrial de Coia, na avenida de Castelao, s/n-centro comercial Alcampo, parcela número 247 en Vigo (Pontevedra).

Visto o expediente instruído por instancia de Araceli Cascales Herreros, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Ibermar, S.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Vigo (Pontevedra), no polígono industrial de Coia, na Avda. de Castelao, s/n-centro comercial Alcampo, parcela nº 247, da axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.L., do grupo maiorista-minorista, co código identificativo CIC MA nº 58, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Jorge Juan, 19.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude presentou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Visto o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

Resolve autorizar á axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.L., sita en Madrid, na rúa Jorge Juan, 19, da que é titular a entidade mercantil Viajes Ibermar, S.L., a apertura dun novo establecemento en Vigo (Pontevedra), no polígono industrial de Coia, na Avda. de Castelao, s/n-centro comercial Alcampo, parcela nº 247, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega. Así mesmo, procede dispensala

do requisito de que o local estea independizado dos locais de negocios contiguos, por estar situado nun edificio singular onde se realizan actividades comerciais en conxunto, segundo o disposto no artigo 5, apartado b) do Decreto 155/1989, do 2 de xuño.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9070