Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.166

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (134/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 134/1997, cítase a denunciada, Manuela Chapela Minchón, da que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 14 de xaneiro, ás 13 horas da súa mañá, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoa de que poder ser asistida de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoa de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

O/A secretario/a

Rubricado

8285