Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.166

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (147/1996-I).

En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Sta. Uxía de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, no xuízo verbal de faltas 147/1996, que se segue neste xulgado por insultos, ameazas e resistencia a axentes da autoridade, cítase en legal forma a Francisco Rodolfo Bolon Blanco, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 10 de decembro de 1997, ás 10 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoo de que de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que houbese lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que tente valerse.

E para que sirva de citación en forma, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e firmo a presente cédula en Ribeira o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

8503