Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a Alberto Elías Castejón Lafuente (praza 51/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 23 de setembro de 1996 (BOE do 26 de outubro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada do departamento de Matemática Aplicada, a prol de Alberto Elías Castejón Lafuente, con documento nacional de identidade número 03.086.045, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alberto Elías Castejón Lafuente, profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 30 de outubro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8556