Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción, a Antonio Collazo Fernández (praza 70/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 25 de novembro de 1996 (BOE do 20 decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción a prol de Antonio Collazo Fernández, con documento nacional de identidade nº 36.063.064, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Collazo Fernández, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 29 de outubro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8555