Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación da delimitación da unidade de actuación nº 55 (UA-55) das normas subsidiarias municipais de planeamento en vigor, dividíndoa en dous ámbitos que pasan a chamarse UA-55A y UA-55B, promovida por Roberto Veira Pino (Expte. 10/96.UA), situada en Choupana, Trv. de Pastoriza, Pastoriza, Arteixo, que queda sometido á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Arteixo, 28 de xullo de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

8988