Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1997 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación urxente para o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Campelo para a prestación do servicio de lonxa. (Expediente 13-15-97-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave: 13-15-97-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Campelo para a prestación do servicio de lonxa.

b) Lugar da concesión: Campelo (Pontevedra).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: 282.121 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 28.212 ptas.

Definitiva: 141.061 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación das ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que integrará as ofertas: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

9057