Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de outubro de 1997 pola que se lle autoriza a implantación de ciclos formativos ó centro privado denominado POVISA Formación Profesional en Vigo (Pontevedra).

Por Orde do 2 de agosto de 1996 (DOG do 4 de outubro), créase o centro privado de formación profesional específica denominado POVISA Formación Profesional en Vigo (Pontevedra), e por Resolución do 4 de outubro de 1996 (DOG do 7 de novembro), da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, autorízase a implantación, para o curso escolar 1996-1997, dos ciclos formativos de grao superior Documentación Sanitaria, e de Anatomía Patolóxica e o de grao medio Coidados Auxiliares de Enfermería.

Vista a disposición derradeira primeira da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación do sistema educativo.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Esta consellería,

DISPÓN:

1. Autorizar definitivamente o Centro Privado denominado POVISA Formación Profesional para imparti-los ciclos formativos que no anexo se especifica.

2. Autorízase para impartir en dobre quenda, diúrna e nocturna, o ciclo formativo de grao superior Documentación Sanitaria.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Denominación: POVISA Formación Profesional.

Titular: Policlínico Vigo, S.A. (POVISA).

Unidades: 4 unidades de formación profesional específica.

Ensinanzas que se autorizan:

-1 ciclo formativo de grao superior Documentación Sanitaria da familia profesional de sanidade.

-1 ciclo formativo de grao superior Anatomía Patolóxica e Citoloxía da familia profesional de sanidade.

-1 ciclo formativo de grao medio Coidados Auxiliares de Enfermería da familia profesional de sanidade.

7430