Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (LU-E 962/97 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ós que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase de seguido:

Nome

DNI/NIF

Nº Expte.

Precepto

infrinxido

Último

domicilio

Multa

máxima

Chip Cervecería Pub S.L.B27.194.588LU-E 962/9726-e) L.O. 1/1992R/ Salvador de Madariaga 12, LugoAta

50.000 ptas.

Chip Cervecería Pub S.L.B27.194.588LU-E 974/9723-e) L.O. 1/1992R/ Salvador de Madariaga 12, LugoAta

50.000 ptas.

Chip Cervecería Pub S.L.B27.194.588LU-E 850/9723-e) L.O. 1/1992R/ Salvador de Madariaga 12, LugoAta

50.000 ptas.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa de Negociado, Inés Docando Casanova, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escri

to cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decre

to 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da devandita consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 13 de outubro de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

8403