Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.079

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (249/1993).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado nos autos de xuízo executivo nº 249/1993, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco Central Hisopanoamericano e demandado José María Ferreiro Yáñez e María Consuelo Regueiro Sánchez; a contía do asunto é de 3.006.318 pesetas de principal, máis 2.500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas. Notifícase a mellora de embargo do seguinte ben: vehículo matrícula C-5134-AJ.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados, José María Ferreiro Yáñez e María Consuelo Regueiro Sánchez, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

8584