Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.079

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (452/1984).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Certifico que no xuízo executivo seguido perante este xulgado co número 452/1984, se dictou a resolución co teor literal seguinte:

Auto.-Na cidade de Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Único.-Con data do 26 de novembro de 1985 embargáronse bens propiedade de Luis Fernández Juve, con domicilio na rúa Fraguas número 25-baixo, de Santiago de Compostela, para responder da contía de 910 422 pesetas, importe do principal, e maila de 365.000 pesetas para xuros, gastos e custas. A procuradora Sánchez Silva, en nome e representación do Banco de Galicia, S.A., presentou escrito no que alega seren insuficientes os bens embargados.

Dispoño.-Acórdase a mellora do embargo trabado con data do 26 de novembro de 1985, sobre o vehículo marca Citroën BX, matrícula C-1256-BZ, propiedade do demandado Luis Fernández Juve.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado.

Así o acorda, manda e asina Fco. Javier Míguez Paz, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela.

E para que conste e para que sirva de notificación en forma a Luis Fernández Juve, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de setembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

8375