Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.071

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala de técnicos de xestión desta universidade polo sistema de promoción interna.

Existindo prazas de adscrición indistinta ós grupos A e B das escalas de funcionarios da Universidade de Santiago de Compostela, ocupadas por funcio

narios pertencentes á escala B, co fin de facilita-la promoción do persoal aínda mantendo os seus propios postos de traballo, de acordo co artigo 22 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e de conformidade cos acordos adoptados coa Xunta de Persoal Funcionario e en cumprimento do disposto nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 204/1985, do 19 de setembro, da Xunta de Galicia, e co fin de atende-las necesidades de persoal de administración e servicios,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria en relación co artigo 3.2. e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, acorda convocar probas selectivas para ingreso na escala de técnicos de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, con suxeición ás seguintes,

BASES DA CONVOCATORIA

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 5 prazas da escala de técnicos de xestión da Universidade de Santiago de Compostela polo sistema de promoción interna, polo procedemento de concurso-oposición.

1.2. A presente convocatoria non xerará prazas vacantes no corpo ou escala de xestión da que proceden os aspirantes.

1.3. As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo.

1.4. Á realización destas probas selectivas seralle de aplicación a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e as bases desta convocatoria.

1.5. O procedemento de selección será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoración axustarase ó que se especifica no anexo I.

1.6. Na fase de concurso valoraranse para os aspirantes que superen a fase de oposición, os seguintes méritos: antigüidade, nivel de complemento de destino correspondente ó posto de traballo que se desempeña con carácter definitivo na data de remate de presentación de solicitudes, e cursos de formación, todo isto de acordo co que se especifica no anexo I.

1.7. O programa que rexerá para a fase de oposición é o que figura no anexo II desta convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os/as aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou ostenta-la condición de nacional dun Estado membro da Comunidade Europea.

b) Ter cumpridos os 18 anos.

c) Estar en posesión do título de licienciado universitario, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

d) Pertencer o día de remate do prazo de presentación de solicitudes a un corpo ou escala adscrito ó grupo B, (artigo 25 Lei 30/1984), ter destino definitivo na Universidade de Santiago de Compostela e posuír unha antigüidade de, polo menos, 2 anos no devandito corpo ou escala.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

2.2. Tódolos requisitos enumerados nos apartados anteriores deberán posuírse no día do remate do prazo de presentación de solicitudes, e manterse ata a data da toma de posesión como funcionario de carreira do grupo A.

3. Solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar en instancia que se axustará ó modelo que figura como anexo IV desta convocatoria. A instancia deberá ir acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI.

A xerencia expedirá de oficio certificación que acreditará: a antigüidade recoñecida referida á data de remate de presentación de solicitudes, o nivel de complemento de destino do posto de traballo que se desempeñe con carácter definitivo na referida data e os cursos de formación recibidos ou impartidos que figuren no expediente persoal. A citada certificación engadirase á solicitude presentada polo/a aspirante.

3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, sito no Pazo de San Xerome, praza do Obradoiro, Santiago de Compostela; no rexistro do Campus de Lugo, sito na Vicexerencia, Augas Férreas, polígono de Fingoi, Lugo, ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3.4. Os dereitos de exame serán de 4.000 pesetas, que se ingresarán en Caixa Galicia na conta de «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura no anexo IV.

3.5. Os/as aspirantes con minusvalideces poderán indicalo na solicitude, utilizando para isto o recadro número 4, así como solicita-la adaptación de tempo e medios para a realización dos exercicios para o que utilizarán o recadro número 6.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rectorado da Universidade de Santiago de Compostela publicará no taboleiro de anuncios do rectorado resolución pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, na que constará o nome e apelidos dos excluídos, o número de DNI, así como a causa que motivou a exclusión. Para emenda-lo defecto que motivase a súa exclusión ou omisión da relación de admitidos e excluídos, os/as aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da citada resolución.

4.2. Os/as aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

4.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós/ás aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio. Para o que terán que facer consta-la entidade bancaria e o número de conta no recadro que para tal efecto figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo (BOE do 19 de marzo) e o Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

5.2. Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estar incurso nas circunstancias previstas nos ditos artigos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusa-los/as membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias antes reflectidas.

5.3. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que nomean os/as novos/as membros do tribunal que vaian substituí-los que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.2.

5.4. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará tódalas decisións que lle correspondan de acordo co correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.5. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.6. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.7. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

5.8. O tribunal adoptará os medios precisos naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os/as aspirantes con minusvalideces gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos/as participantes. Neste sentido, establecerase para as persoas con minusvalideces que o soliciten na forma prevista na base 3.5 as adaptacións posibles en tempos e medios para a realización dos exercicios.

5.9. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos

sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. O tribunal excluirá aqueles/as opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.10. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes có de prazas convocadas. Calquera proposta que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

6.2. O tribunal será o encargado de publica-lo día e hora e lugar de realización dos exercicios que compoñen a primeira parte da oposición.

6.3. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración da segunda e restantes partes será efectuada polo tribunal nos locais onde se efectuase o primeiro, así como na sede do tribunal, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación.

6.4. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos/as aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia ó/á interesado/a, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da universidade, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas polo/a aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas para os efectos procedentes.

Contra a exclusión do aspirante poderá interporse recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da súa exclusión.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluída cada unha das partes da fase de oposición o tribunal cualificador fará públicos, no lugar ou lugares de celebración dos respectivos exercicios e naqueloutros que coide oportunos as relacións de aspirantes que teñan superado cada un deles, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez rematada a fase de oposición.

7.3. A cualificación final realizarase de acordo co previsto no anexo I da presente convocatoria.

7.4. O tribunal fará pública a lista de aspirantes que, segundo a orde da puntuación obtida por cada un deles, fosen seleccionados, a cal en ningún caso poderá contar cun número de candidatos/as superior ó das prazas convocadas.

7.5. Rematado o proceso selectivo, o tribunal elevaralle ó rector a relación definitiva de aspirantes aprobados por orde de puntuación, na que constarán as cualificacións obtidas en cada unha das fases: oposición e concurso.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a documentación necesaria para proceder ó nomeamento como funcionario da escala técnica de xestión que non se atope suficientemente acreditada no seu expediente:

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado funcionario/a de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Nomeamento de funcionarios/as de carreira.

9.1. Concluído o proceso selectivo, os/as que o superasen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira con especificación do destino adxudicado, mediante resolución do rectorado da universidade que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

9.2. Dadas as peculiaridades deste proceso de promoción interna, este exclúese do sistema de adxudicación de destino pola orde obtida no proceso selectivo. Ós aspirantes que superen o concurso-oposición adxudicaráselle-lo mesmo posto que veñan desempeñando como titulares, e terá carácter definitivo se o posto de traballo se atopa adscrito na vixente relación de postos á escala á que aspiran, e carácter provisional no caso de que non estea incluído na relación de postos de traballo nesa escala. Neste último suposto o destino consolidarase como definitivo no caso de que na próxima relación de postos o citado posto se atope adscrito á escala á que accedeu.

Aqueles funcionarios que, en virtude do disposto no parágrafo anterior, accedan a unha escala superior con carácter provisional e mentres permanezan nesa situación percibirán o complemento de destino correspondente ó posto base da escala á que accedan, salvo que o posto que desempeñen teña asignado un nivel superior. O complemento específico será o correspondente ó posto de traballo realmente

desempeñado segundo a relación de postos de traballo.

9.3. A toma de posesión dos aspirantes efectuarase no prazo dun mes, contado desde a data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

10. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados, nos casos e nas formas establecidas pola Lei 30/1992, do 26 de novembro; poderá interporse contra a presente resolución recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, conforme o disposto no artigo 58 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, comunicando previamente a súa interposición neste rectorado, segundo o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

DENOMINACIÓN DAS PRAZAS: ESCALA DE TÉCNICOS DE XESTIÓN

Exercicios e valoración

O procedemento de selección será o de concurso-oposición, que consta das seguintes fases:

1. Fase de oposición, estará composta das seguintes partes:

a) Primeira parte, consistirá en:

Curso obrigatorio e de carácter eliminatorio.

O curso estará organizado por áreas temáticas. Os/as aspirantes deberán examinarse de tódalas áreas. Tódalas áreas serán cualificadas e puntuadas, sendo a suma das puntuacións a cualificación final do curso, que será de 40 puntos como máximo.

Para obte-la cualificación de apto, será preciso ter un mínimo de 20 puntos na globalidade do curso.

b) Segunda parte. Obrigatoria e con carácter eliminatorio, consistirá en:

Elaboración dun traballo orixinal relacionado co contido do temario que figura no anexo II.

O traballo será dirixido por un profesor dos que impartiu o curso e terá unha extensión máxima de 25 folios a dobre espacio e por unha soa cara. Os/as aspirantes deberán presenta-lo traballo no rexistro xeral da Universidade, dirixido ó presidente do tribunal, no prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación das cualificacións do curso selectivo.

O/a aspirante terá que defende-lo seu traballo ante o tribunal en sesión pública.

A valoración máxima deste traballo será de 20 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 10 puntos.

c) Terceira parte. Obrigatoria pero non eliminatoria, consistirá na traducción directa para o castelán ou para o galego dun texto dunha lingua comunitaria. Os/as aspirantes deberán facer constar no apartado correspondente da solicitude o idioma elixido.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e media.

A valoración desta proba será de 0 a 5 puntos.

d) Proba de galego, non eliminatoria e de mérito. Consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, e traducción sen diccionario dun texto do galego para o castelán, elixidos por sorteo entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos, e valorarase de 0 a 5 puntos.

2. Fase de concurso: máximo 30 puntos. Para os/as aspirantes que superen a fase de oposición a valoración de méritos farase da seguinte forma:

2.1. Antigüidade: máximo 12,5 puntos.

Valorarase a antigüidade recoñecida referida á data de remate do prazo de presentación das solicitudes da seguinte forma:

Por cada ano completo de servicios: 0,625 puntos.

Por cada mes completo de servicios que reste: 0,052 puntos.

2.2. Nivel de complemento de destino: máximo 12,5 puntos. Polo nivel de complemento de destino correspondente ó posto de traballo que se desempeña con carácter definitivo na data de remate de presentación de solicitudes, de acordo coa seguinte puntuación:

NivelPuntos

2812,5

2610,5

259,5

248,5

226,5

204,5

2.3. Cursos de formación: máximo 5 puntos. Os cursos de formación puntuarán da seguinte forma:

-Cursos de formación recibidos:

Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora.

Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora.

Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

Curso de perfeccionamento lingua galega: 0,02 puntos/hora.

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

-Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

3. Puntuación do proceso selectivo: a puntuación da fase de oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas distintas partes. A puntuación do proceso selectivo virá determinada pola suma da fase de oposición, máis os méritos da fase de concurso, sempre que os/as aspirantes tivesen superada a fase de oposición.

No caso de empate daráselle preferencia á puntuación obtida na primeira parte e, de persistir este, daráselle preferencia ó/á candidato/a que tivese maior antigüidade no corpo ou escala ó que pertenza na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. A aqueles aspirantes que obteñan a cualificación de apto no curso, pero non superen o proceso selectivo, conservaráselle-la a validez deste curso por un tempo máximo de catro anos, e como mínimo para a seguinte convocatoria, contados a partir da superación do curso que se cita nesta convocatoria. Non obstante o anterior, se o aspirante desexase participar no seguinte curso que se celebre, co obxecto de mellora-la nota, poderá facelo, contándolle como nota do curso selectivo a que sexa máis alta.

ANEXO II

DENOMINACIÓN DAS PRAZAS: ESCALA DE TÉCNICOS DE XESTIÓN

Programa.

I. Organización do Estado e da Unión Europea.

1. Liñas fundamentais do constitucionalismo español. O concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. Contido das constitucións. Os principios constitucionais.

2. Os dereitos fundamentais. Evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais na Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado. A súa inserción nos órganos das administracións públicas.

3. As comunidades autónomas e o seu tratamento constitucional. Organización institucional das comunidades autónomas. Principios xerais de distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. As potestades normativas das comunidades autónomas. O control sobre a súa actividade.

4. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

5. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

6. As institucións comunitarias: o Consello e a Comisión. O Parlamento Europeo. O procedemento decisorio. O Tribunal de Xustiza.

7. As liberdades básicas do sistema comunitario. Circulación de mercadorías e política comercial común. Circulación de traballadores e política social. Establecemento e libre prestación de servicios. Circulación de capitais e sistema monetario.

II. Xestión e organización de recursos humanos.

1. A dirección por obxectivos: orixe. Conceptos básicos. A programación de proxectos. A xestión de proxectos. A xestión por obxectivos. A aplicación na Administración pública. Instrumentos para a mellora da calidade.

2. Sistemas de información para a dirección e para a xestión. A información como recurso na Administración pública. A protección de datos de carácter persoal.

3. A planificación de recursos humanos nas administracións públicas. As relacións de postos de traballo. As ofertas de emprego público. Os plans de emprego.

4. A función directiva. Teorías do liderado. O directivo público. Toma de decisións. Técnicas de apoio. Estilos de dirección.

5. A motivación dos recursos humanos. Teorías explicativas. O clima laboral. A satisfacción no traballo.

6. A cultura empresarial nas organizacións. Definición e análise de problemas. Técnicas creativas e analíticas. O proceso de toma de decisións. Tipos. As matrices e as árbores de decisión.

7. Os conflictos nas organizacións. Conflictos funcionais e disfuncionais. Técnicas de xestión de conflictos. A negociación.

8. Descrición de postos de traballo. A análise do posto. O perfil do posto. Redeseño de postos. A valoración de postos de traballo.

9. Selección de persoal. Os procesos selectivos na Administración pública. A formación do persoal. A formación continua nas administracións públicas. A entrevista. Tipos. Aplicacións á Administración pública. As probas psicotécnicas na selección de persoal: fiabilidade, validez e aplicabilidade na Administración pública.

10. A provisión de postos de traballo. A promoción profesional. A carreira administrativa.

11. As fontes do dereito laboral: xerarquía. As disposicións legais e regulamentarias do Estado. O Estatuto dos traballadores. Os convenios colectivos: concepto e natureza.

12. O contrato de traballo. Conceptos. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.

13. Modalidades do contrato de traballo. O traballo directivo. Contratos formativos. Contratos de duración determinada. Contrato a tempo parcial e contrato de relevo.

14. Condicións de traballo: xornadas, descanso e réxime retributivo. O convenio colectivo para o persoal laboral das universidades públicas de Galicia.

III. Dereito administrativo.

1. A Administración pública: concepto e principios constitucionais. A Administración e as funcións e poderes do Estado: o control lexislativo, xurisdiccional e político.

2. A Administración pública e o dereito. O principio de legalidade. O poder de autotutela da Administración.

3. A lei. Os titulares da potestade lexislativa. A elaboración das leis. Clases de leis. As leis órganicas. O decreto lei. A delegación lexislativa e as súas diversas técnicas. A problemática do control da delegación lexislativa. A inconstitucionalidade das leis. Os tratados internacionais e o seu posicionamento no ordenamento xurídico.

4. Os estatutos de autonomía. A potestade lexislativa das comunidades autónomas.

5. O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais. Impugnación de regulamentos ilegais. Regulamentos dos órganos constitucionais.

6. Teoría do administrado. Clases de administrados. A capacidade dos administrados e as súas causas modificativas. A participación nas administracións públicas.

7. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio e revogación.

8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Estructura. Ámbito de aplicación e principios xerais.

9. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso ordinario e de revisión. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

10. A xurisdicción contencioso-administrativa: concepto e natureza. O recurso contencioso-administrativo: partes, actos impugnables, procedemento. Recursos contra sentencias. Execución de sentencias.

11. A potestade sancionadora. Principios. Principios do procedemento sancionador. Responsabilidade das administracións públicas, das súas autoridades e do persoal ó seu servicio. Sancións administrativas.

IV. Xestión financeira.

1. A Lei xeral orzamentaria: características e estructura. A lei anual de orzamentos xerais do Estado. Preparación e aprobación do proxecto polo

Goberno. A súa tramitación como lei. Estructura do orzamento de gastos e ingresos do Estado.

2. Réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma galega. O orzamento e os créditos orzamentarios. O ciclo orzamentario. O control orzamentario: o Consello de Contas.

3. Réxime financeiro e patrimonial das universidades. O orzamento da Universidade de Santiago de Compostela. Estructura e clasificacións. O seu Regulamento de xestión orzamentaria.

4. Modificacións orzamentarias: créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Créditos ampliables. Transferencias de crédito. Incorporación de remanentes. Xeración de créditos.

5. A execución do orzamento de gastos: fases de execución. Autorización e compromiso do gasto. Recoñecemento da obrigación. Pagamento. Documentos contables que interveñen. Órganos competentes. Os gastos plurianuais.

6. Os contratos administrativos: nocións e características esencias. Principios básicos da Lei de contratos das administracións públicas. Formas de contratación. O Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela.

7. Contido e efectos dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos: revisión de prezos. Resolución e rescisión.

8. As propiedades administrativas en xeral. Clases. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico de dominio público.

9. O patrimonio das universidades. Criterios respecto á atribución de competencias en materia de disposición e administración dos bens de titularidade universitaria.

V. Lexislación e organización universitaria.

1. A organización do sistema universitario de Galicia: a LOSUGA. O Consello de Universidades e o Consello Social.

2. O profesorado das universidades. Persoal de corpos docentes: selección, provisión, situacións administrativas, dedicacións, incompatibilidades. O persoal docente contratado: réxime xurídico.

3. O persoal de administración e servicios. Persoal funcionario: selección e provisión de postos. Situacións administrativas, dedicación, incompatibilidades. O persoal laboral: réxime xurídico.

4. A investigación científica e técnica en España. Normativa e órganos competentes. Planificación e financiamento. O persoal investigador.

5. Os contratos formalizados ó abeiro dos artígos 11 e 45 da Lei de reforma universitaria. Normativa estatal e universitaria de desenvolvemento. Cuestións problemáticas da súa aplicación.

6. O acceso á universidade. Probas de aptitude. Réxime xeral. Acceso a maiores de vintecinco anos. Outros réximes especiais.

7. Procedementos para o ingreso na universidade. Réxime de permanencia. Simultaneidade de estudios. A participación dos estudiantes no goberno universitario. Especial referencia ó valedor do estudiante e dos demais membros da comunidade universitaria da USC.

8. Estudios e titulacións universitarias: estudios e titulacións do primeiro ciclo. Estudios e titulacións de segundo ciclo. O terceiro ciclo e outros estudios de posgrao. Validacións e homologacións de estudios. Especial referencia as titulacións propias da USC.

ANEXO III

DENOMINACIÓN DAS PRAZAS: ESCALA DE TÉCNICOS DE XESTIÓN

Tribunal titular:

Presidente: José Manuel Villanueva Prieto, xefe do servicio de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Javier Gárate Castro, catedrático de dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Francisco López Peña, inspector de finanzas do Estado.

Olga García Agra, funcionaria do corpo superior da Xunta de Galicia, que actuará en representación da xunta de persoal de PAS funcionario.

Secretario: Roberto Blanco Valdés, catedrático de dereito constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

Tribunal suplente:

Presidente: José Vázquez Portomeñe, vicexerente da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Fernando Díaz Pividal, subdirector de Recursos Humanos do Grupo Endesa.

Ángel Rodríguez Blanco, interventor territorial da Delegación de Facenda da Coruña.

Ana Casas González, funcionaria do corpo superior da Xunta de Galicia, que actuará en representación da xunta de persoal de PAS funcionario.

Secretario: Francisco Fernández Segado, catedrático de dereito constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sin voto.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación con carácter temporal doutros funcionarios/as públicos para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

8380