Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.070

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 5 de novembro de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, anunciados pola Orde do 16 de setembro de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia pola Orde do 16 de setembro de 1997 (DOG nº 186, do 26 de setembro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, na disposición sexta da mencionada orde e demáis normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde e adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no dun mes, se aquela fose distinta, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como aqueles nos que obteñan praza, consignarán no título admi

nistrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente e, acto seguido, efectuaranse os trámites necesarios para a inclusión en nómina, de conformidade co disposto na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Das dilixencias efectuadas para o efecto trasladarase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpor recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

NRPGrupoApelidos e nomePosto de traballoNivelLocalidadeDependencia

3263404313A2051BMartínez Seijo, Ana MaríaXefe Servicio Xestión Económica e Tesourería28Santiago de CompostelaSecretaría
2272330902A2060AVidal Ruiz, María ÁngelesXefe Servicio Recursos Humanos, Réxime Interior

e Contratación

28Santiago de CompostelaSecretaría
3607787735A2060AAtán Castro, JorgeXefe Servicio Técnico e de Planificación e Control28Santiago de CompostelaSecretaría

8806