Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.070

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, do tribunal V-1A designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 10D (socorrista) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 10 de novembro de 1997 polo tribunal V-1A designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 10D (socorrista) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á cate

goría 10D (socorrista) do grupo V terá lugar o día 26 de novembro de 1997 ás 17 horas na sala de actos da Secretaría Xeral para o Deporte do Estadio Multiusos de San Lázaro, sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.30 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1997.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do tribunal

8640