Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.063

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de novembro de 1997 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia grupo A, escala de letrados.

Corpo superior de Administración

da Xunta de Galicia

Grupo A. Escala de letrados

BASES DA CONVOCATORIA

I. Normas xerais.

I.1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, polo sistema de promoción interna e acceso libre e procedemento de oposición.

I.1.2. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascende a dúas prazas.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Por non alcanzarse o mínimo necesario, non se reserva para minusválidos ningunha das prazas convocadas, de acordo co previsto no Decreto 251/1997, do 25 de agosto.

I.1.6. Ás presentes probas selectivas seranlles aplicables a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; o capítulo II do título II do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico da asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia, e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni- los seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna:

I.2.1.1. Estar en posesión ou en condición de obte-lo título de licenciado en dereito.

I.2.1.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.1.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, ou ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.2. Para acceso libre:

I.2.2.1. Ser español.

I.2.2.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.2.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado en dereito.

I.2.2.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.2.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.3. Tódolos requisitos enumerados nas bases I.2.1 e I.2.2 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar en instancia (anexo II). Á instancia acompañarase fotocopia do documento nacional de identidade e o xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Como requisito necesario para participar nestas probas deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 9.460 ptas. e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación, sinalado no anexo III. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

A non presentación do citado impreso de autoliquidación, dilixenciado co selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que se fai referencia no apartado terceiro da base I.4.2. na que se acorde a súa exclusión definitiva.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no diario oficial, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade de cada un deles.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto ou defectos que motivasen a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se publique o listado definitivo de aspirantes admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados estar en posesión dos requisitos esixidos para participar no procedemento selectivo que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que hai que presentar, no caso de superación polos aspirantes do proceso selectivo, se desprenda que non se posúe algún de tales requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Probas selectivas.

II.1. As probas selectivas constarán de seis exercicios, todos eles con eficacia eliminatoria, que se realizarán de acordo coa orde que se recolle no anexo I da presente convocatoria.

II.2. O programa que rexerá nas probas selectivas será o aprobado por Resolución do 5 de setembro de 1994, da Dirección Xeral da Función Pública, e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 178, do 14 de setembro de 1994, e corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 14 de outubro de 1994.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra H, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de maio de 1997 (DOG nº 93, do 16 de maio), pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 5 de maio de 1997, de conformidade co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.3.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único e serán excluídos das probas selectivas aqueles que non comparezan. Sen embargo, poderán ser tidos en consideración os casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuarase polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese dúbidas sobre a personalidade dalgún dos aspirantes ou chegase ó seu coñecemento que non cumpre algún dos requisitos de capacidade esixidos na base I.2.1 da presente convocatoria, poderá ser requirido para que os acredite e se así non o fixese o interesado, acordará a súa exclusión deste.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

II.3.6. Os aspirantes que superaron o proceso selectivo figurarán na lista de aprobados pola orde resultante da suma das puntuacións obtidas na oposición.

III. Tribunais.

III.1. O tribunal cualificador destas probas será designado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública e a súa composición será a determinada polo artigo 17.6º do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico da asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia.

III.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles algunha das

circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se dedicasen á preparación de opositores nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.3. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, designados en substitución dos que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.2.

III.4. Logo de convocatoria do presidente do tribunal, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida no caso de asistir a esta maioría dos membros do tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

III.5. A actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.6. De cada sesión de pleno do tribunal levantarase acta que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.7. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas no desenvolvemento das probas correspondentes a aqueles exercicios do proceso selectivo en que así o considere pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración funcional nos aspectos técnicos propios e características das súas especialidades. A designación de tales asesores deberá serlle comunicada ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.8. O tribunal adoptará as medidas precisas, naqueles casos en que resulte necesario, para que os aspirantes con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3 gocen, para a realización das probas, de similares condicións có resto dos participantes.

III.9. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.10. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña esta limitación será nula de pleno dereito.

III.11. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola pun

tuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persisti-lo empate resolverase pola orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 5 de maio de 1997.

III.12. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral, edificio administrativo San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, teléfonos 54 58 98 y 54 58 76.

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematadas as probas selectivas, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueloutros que considere oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema xeral de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle ó director xeral da Función Pública a lista dos aspirantes que superaron tódolos exercicios, con indicación da puntuación alcanzada en cada un deles, xunto coa proposta dos seleccionados para ser nomeados funcionarios de carreira.

V. Presentación de documentos, nomeamento e toma de posesión.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, ou certificación académica ou outros documentos que acrediten fidedignamente ter realizado tódolos estudios para a obtención do título académico.

b) Declaración baixo xuramento de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.1.4.

V.2. Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento e deberán presentar certifcación de rexistro central de persoal ou da consellería ou organismo do que dependesen para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.3. Se dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, os aspirantes aprobados non presentasen

a documentación esixida, ou do seu exame se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as actuacións correspondentes a súa participación nas probas selectivas, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.4. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos e formalidades esixidas na base V.1., os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, figurando na lista definitiva de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.5. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las prazas correspondentes.

V.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas previsións das leis 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos previstos e na forma establecida pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Estructura e desenvolvemento das probas selectivas

1. As probas selectivas estructuraranse en seis exercicios e estes desenvolveranse pola seguinte orde:

O primeiro exercicio consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito civil; un de dereito mercantil; un de dereito hipotecario; dous de dereito procesual e un de dereito do traballo. Os temas serán designados ó chou, expoñeranse pola orde indicada e o

tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco minutos.

O segundo exercicio consistirá na lectura ante o tribunal dun texto orixinal nun idioma comunitario elixido polo opositor na súa solicitude, así como na súa traducción; para tal efecto o tribunal designará o texto sobre o que se practicará esta proba. Para a verificación deste exercicio o tribunal poderá ser asistido polos pertinentes asesores especialistas, designados por este.

O terceiro exercicio, de carácter práctico e escrito, terá unha duración de cinco horas e os opositores poderán consultar textos legais e xurisprudenciais.

O cuarto exercicio consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ó 20 e outro do 21 ó 40; dous temas de dereito administrativo, un do 1 ó 29 e outro do 30 ó 55; dous de facenda pública e un de dereito penal. Os temas serán designados ó chou, expoñeranse pola orde indicada e o tempo mínímo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco minutos.

O quinto exercicio, de carácter práctico e escrito, terá unha duración de cinco horas e os opositores poderán consultar textos legais e xurisprudenciais.

O sexto exercicio consistirá na lectura ante o tribunal dun texto orixinal en lingua galega, así como na súa traducción, e para tal efecto o tribunal designará o texto sobre o que se practicará esta proba.

Para prepara-la exposición oral dos temas correspondentes ós exercicios primeiro e cuarto concederáselle ó opositor un tempo de dez minutos.

2. Os exercicios das probas selectivas cualificaranse de acordo coas seguintes normas:

2.1. A cualificación dos opositores farase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, que consignarán o nome e número do opositor, coa cualificación que merecese.

2.2. O número de puntos para a cualificación será de cero a cinco por cada tema nos exercicios teóricos, de 0 a 35 puntos polo conxunto do exercicio en cada un dos prácticos, e de cero a cinco puntos no exercicio de idiomas.

2.3. O opositor que en calquera exercicio non alcance unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible, conforme o establecido no apartado 2.2 anterior, quedará definitivamente eliminado das probas selectivas.

2.4. As cualificacións deberán facerse públicas ó final de cada sesión, cando se trate dos exercicios teóricos. Nos exercicios prácticos e no exercicio de idiomas publicaranse conxuntamente, despois de finalizar cada un dos ditos exercicios e o tribunal poderá utilizar, para deliberar, o tempo que sexa necesario.

2.5. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios.

8770