Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de outubro de 1997 pola que se convocan premios extraordinarios de bacharelato para alumnos que rematasen os seus estudios de bacharelato no curso 1996/1997.

Advertidos erros na dita orde, publicada no DOG número, 211 do venres 31 de outubro, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 10.557, punto terceiro a), debe engadirse: «Sobresaliente 9,00 puntos».

Na páxina 10.557, punto sexto, onde di: «as probas celebraranse o día 22 de xaneiro de 1997», debe dicir: «as probas celebraranse o día 22 de xaneiro de 1998».

Na páxina 10.557, punto sexto.2, onde di: «Idioma moderno: execución para transformar e completar frases», debe dicir:

«Idioma moderno:

-Exercicios de comprensión e expresión partindo dun texto e de situacións da vida cotiá.

-Exercicios para transformar e completar frases».

Na páxina 10.557, punto décimo, onde di: «Os alumnos que obteñan premio extraordinario de bacharelato poderán optar ó premio nacional de bacharelato e nos seus libros de cualificación escolar estampará a dilixencia na que constará a obtención do premio extraordinario», debe dicir: «Os alumnos que obteñan premio extraordinario de bacharelato poderán optar ó premio nacional de bacharelato e nos seus libros de cualificación escolar estamparase a dilixencia na que constará a obtención do premio extraordinario».

8673