Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se lle notifica á persoa que se cita que deberá achega-la documentación requirida polo Servicio de Inspección Tributaria para ultima-la tramitación do expediente (Penedo Núñez, Manuel).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último domicilio coñecido que se indica, para que procedan a achega-los documentos requiridos polo Servicio de Inspección Tributaria.

Co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se citan deberán, no prazo de 15 días contados

a partir do seguinte ó da publicación desta cédula no DOG, xunta-la documentación solicitada ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2º planta, Vigo. Transcorrido o prazo sen que se cumpra co trámite, incorrerase nas responsabilidades que por infracción tributaria determina o artigo 78 da Lei xeral tributaria, do 28 de decembro de 1963, modificada pola Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE nº 174, do 22 de xullo), artigo 82.1º e seguintes, podendo sancionarse con multa pecuniaria fixa de ata 200.000 pesetas ou, se é o caso, continua-las actuacións en curso, considerando o dito incumprimento como resistencia, negativa ou obstrucción á acción investigadora da Administración.

Contribuínte: Penedo Núñez, Manuel.

Enderezo: San Francisco, 63-6º, Vigo.

Documentos:

-DNI.

-Escritura con data do 30-11-1992 outorgada ante o notario Gerardo García Boente Sánchez, número de protocolo 3.272.

-Xustificante acreditativo da liquidación do imposto correspondente.

Vigo, 28 de outubro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8794