Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que o Servicio de Inspección Tributaria, lle notifica a apertura de expedientes sancionador á persoa que se cita (Fernández Morán, Estefanía).

Pola presente cédula, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos que se citan no anexo.

O Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en aplicación do artigo 78 da Lei xeral tributaria, do 28 de decembro de 1963, modificada parcialmente pola Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE nº 174, do 22 de xullo), artigos 83.1º y 82.1º f), comunica a imposición de sancións administrativas por un importe que se indica na folla adxunta.

Os recursos que se poden interpoñer contra este acordo son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, secretaría delegada de Vigo, r/ Lalín, 2, ou o de reposición perante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Contribuínte: Fernández Morán, Estefanía.

Enderezo: Nicaragua, 38, Vigo.

Contía: 200.000 ptas.

Concepto: sanción tributaria Z 1/96.

Vigo, 28 de outubro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8582