Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 10.994

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 316/1997, do 23 de outubro, polo que se aproba o cambio de capitalidade do Concello de Muíños (Ourense) de Muíños a Mugueimes.

Na actualidade a capitalidade do Concello de Muíños consta, para efectos oficiais, na localidade de Muíños.

Nembargantes, a realidade é que desde hai moitos anos a sede da Casa Consistorial está na localidade de Mugueimes, así como os servicios públicos de sanidade, educación e administrativos.

O Pleno da Corporación local, en sesión celebrada o día dous de abril de 1997, adoptou acordo relativo ó cambio de capitalidade.

Tralo período de información pública polo prazo de trinta días, non se presentaron reclamacións.

Emitiu informe favorable a Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 18 de xullo de 1997.

Solicitouse informe da Real Sociedade Xeográfica.

Os beneficios notorios que ós residentes no termo municipal lles supón o devandito cambio aparecen expresamente recollidos no artigo 27.1 e) do Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se apro

ba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, como motivo suficiente para fundamenta-lo cambio de capitalidade.

Correspóndelle á Xunta de Galicia a competencia para aproba-lo cambio de capitalidade dos concellos, de conformidade co disposto no artigo 1º.2.3. do Real decreto 1014/1979, do 13 de febreiro, artigo 11.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e o artigo 26.1 do Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Aproba-lo cambio de capitalidade do Concello de Muíños de Muíños a Mugueimes.

Santiago de Compostela, vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

8625