Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado San Blas Vista Alegre de Vigo, polo que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.
Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Mariano Vaqueiro Rumbao, Mercedes Estévez Quinteiro lle cede a súa titularidade, para tódolos efectos, ó Colegio Vista Alegre, Sociedad Limitada.
Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se uniron a este os documentos esixidos e que sobre a petición foi emitido informe favorable pola Inspección de Educación.
Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.
Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, (BOE do 27); Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.
Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia, esta consellería,
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado San Blas Vista Alegre de Vigo a favor do Colegio Vista Alegre, Sociedad Limitada con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista, Mercedes Estévez Quinteiro, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.
O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1997.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
8624