Na sesión celebrada o día 27 de outubro de 1997 polo tribunal, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 14. Xefe/a de cociña do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:
1º. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á cate
goría 14. Xefe/a de cociña do grupo III terá lugar o día 21 de novembro de 1997 ás 16.30 horas no instituto de ensino secundario Compostela (Escola Oficial de Hostelería), sito en Lamas de Abade, s/n, de Santiago de Compostela.
O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comenzará ás 16.30 horas.
2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1997.
Xavier Mª Lope-Toledo Manzano
Presidente do tribunal
8669