Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.940

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de outubro de 1997 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas.

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia

Grupo A

Escala superior de finanzas

BASES DA CONVOCATORIA

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para cubrir 10 prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición. I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascende a 5 prazas, correspondente ó 50% do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascende a 5 prazas.

I.1.2. Do total de prazas reservarase un 3% para seren cubertas por persoas con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, de acordo coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo. Esta cota de reserva ascende a unha praza e aplicarase ó sistema de acceso libre.

No suposto de que esta non sexa cuberta, acumularase ó dito sistema.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre. Para estes efectos a fase de oposición do sistema de promoción interna rematará antes da correspondente ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 95/1991, do 20 de marzo) e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.1.6. O proceso selectivo constará dunha fase de oposición e outra fase consistente nun curso selectivo, coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde e os seus anexos.

I.1.7. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexos I, II e III desta convocatoria.

I.1.8. Rematada a fase de oposición procederase á distribución das prazas convocadas entre as especialidades da escala superior de finanzas. A opción entre cada unha das especialidades realizarase, polos aspirantes que superen a fase de oposición, de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da dita fase. Os aspirantes procedentes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes que proveñan do sistema xeral de acceso libre, para elixi-la especialidade correspondente.

I.1.9. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por estes ó longo de todo o proceso, dentro de cada unha das especialidades da escala superior de finanzas, unha vez aplicado o disposto na base VII.3 desta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo B (corpo de xestión e corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2. e I.2.3. deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar mediante instancia (anexo IV) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia á que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 9.460 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais,

oficinas comarcais da Xunta de Galicia e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ó director xeral da función pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Estes requisitos tamén deberán ser cumpridos, se é o caso, polos aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.3.4. Na solicitude os aspirantes deberán indicar o grupo de materias do programa, dos tres contidos no anexo I, polo que optan para a realización do primeiro exercicio. Soamente poderá optarse por un grupo de materias do programa das probas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da función pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Os aspirantes excluídos da quenda de promoción interna por non cumpriren os requisitos para poder participar nela admitiranse na de acceso libre se cumpren os requisitos desta, salvo manifestación

expresa en contrario formulada nos dez días a que fai referencia o parágrafo primeiro.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da sua publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figuraren na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Oposición.

II.1. Exercicios.

II.1.1. As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios, e obrigatorios, agás para os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna e os aspirantes ós que se refire o segundo parágrafo da base seguinte, que estarán exentos da realización do primeiro exercicio.

II.1.2. Na vindeira convocatoria destas probas, poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida.

De igual xeito, na presente convocatoria poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aprobaron o primeiro na convocatoria realizada pola Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG nº 240, do 15 de decembro), conservando a cualificación obtida naquel momento no dito exercicio.

II.1.3. Primeiro exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun cuestionario de 30 preguntas, que será o resultante do sorteo levado a efecto entre tres, elixidos polo tribunal e que este proporá para cada un dos tres grupos de materias seguintes: materia xurídica, materia de economía xeral e materia de economía de empresa. O aspirante deberá optar expresamente por un só destes grupos de materias na súa instancia, segundo dispón a base I.3.4., figurando o seu temario no anexo I desta convocatoria. No caso de que non se exerza a opción, entenderase que o aspirante opta pola materia xurídica.

O exercicio terá unha duración máxima de 4 horas. Cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.4. Segundo exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun caso práctico, que será o resultante do sorteo levado a efecto entre dous elixidos polo

tribunal sobre as materias sinaladas no anexo II da presente convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 30 puntos sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.5. Terceiro exercicio: este exercicio constará de dúas partes. A primeira parte consistirá na resolución por escrito, dun cuestionario de 15 preguntas proposto polo tribunal, sobre as materias comprendidas no anexo III desta convocatoria. O tempo máximo de duración será de tres horas.

A segunda parte consistirá na realización, por escrito, dun caso práctico sobre liquidacións tributarias. O tempo máximo de duración será de dúas horas.

A cualificación total do exercicio será de 30 puntos, sendo necesario para superalo obter 15 puntos como mínimo. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira parte que se cualificará de 0 a 15 puntos e da segunda parte que se cualificará de 0 a 15 puntos. Esta suma non poderá ter lugar no suposto de que a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio fose inferior a 6 puntos, caso no que non se superará o exercicio.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.6. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer, de forma oral, tres temas, extraídos ó chou, durante un tempo máximo de 60 minutos e un mínimo de 50. O primeiro dos temas corresponderá ás partes 1ª e 3ª do anexo III da presente convocatoria, o segundo tema corresponderá ás partes 2ª e 4ª do dito anexo III e o terceiro tema corresponderá ás partes 5ª e 6ª do mesmo anexo III.

Despois da extracción dos temas e antes de comeza-la súa exposición, concederase ata un máximo de dez minutos de tempo para que o aspirante elabore, en presencia do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa de oposición.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos sendo necesario para superalo obter polo menos 10 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.7. Quinto exercicio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos sendo necesario para supera-lo obter 5 puntos como mínimo.

Cada membro do tribunal puntuará de 0 a 5 puntos por proba, sendo a nota de cada unha delas o resultado da media aritmética do total das puntuacións emitidas por cada membro do tribunal. A nota final será o resultado da suma das puntuacións obtidas nestas.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.8. Cada membro do tribunal cualificará os exercicios segundo a banda de puntuación establecida pola presente convocatoria para cada proba. A cualificación final de cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións emitidas polo tribunal.

II.1.9. Para a realización das probas que teñen por contido a resolución de casos prácticos, poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

II.1.10. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo de súa identidade, a xuízo do tribunal.

II.1.11. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia cá dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, agás a realización do cuarto exercicio, que se efectuará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «H», de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de maio de 1997 pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 5 de maio de 1997, de conformidade co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma, ó tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 1997.

II.2.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.2.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento.

II.2.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación

á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.2.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Curso selectivo.

III.1. Tódolos aspirantes que superen as probas da oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento. O dito curso versará sobre as materias do programa da presente convocatoria de probas selectivas.

O curso terá unha duración de 300 horas lectivas, distribuídas por especialidades da escala superior de finanzas, impartíndose nel o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha delas.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servicios centrais e territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

III.2. Cualificaranse de 0 a 10 puntos cada unha das materias das que consta o curso, sendo necesario para superalo obter en cada unha delas unha puntuación de 5 puntos. A cualificación de cada materia obterase mediante a celebración dunha proba final en cada unha delas ó remate da súa impartición.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso realizarán no prazo máximo de dous meses, unha nova proba sobre as materias non aprobadas. De non superala poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior, conforme a opción da especialidade exercida no primeiro, coa puntuación asignada, dentro da especialidade, ó último dos participantes nel. Se non o superan novamente perderán tódolos seus dereitos ó nomeamento de funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen. Celebrada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador destas probas será designado por unha orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición é a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal sinalado na base anterior cando fose necesario iso polo número de aspirantes.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG unha resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da función pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal, mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, fixará o lugar, a data e a hora da celebración do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, auto

rizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten no xeito previsto na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe nestas probas selectivas terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano-Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persisti-lo empate, resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o 5 de maio de 1997.

O tribunal resolverá os empates que se produzan.

V.2. Rematadas as probas da fase de oposición, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de celebración do derradeiro exercicio e naqueloutros que coide oportuno, as relacións independentes de aspirantes aprobados na dita fase, tanto polo sistema xeral de acceso libre coma polo de promoción interna, por orde de puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

VI. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios en prácticas.

VI.1. No prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte a aquel no que se fixeron públicas no Diario Oficial de Galicia as listas de aprobados, os opositores que superasen as probas deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

A. Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2. ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

C. Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.

D. Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

VI.2. Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do Rexistro Central de Persoal ou da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

VI.3. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo

da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

VI.4. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas mediante unha resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

VII. Nomeamento de funcionarios de carreira e adxudicación das vacantes.

VII.1. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase, dentro de cada especialidade da escala superior de finanzas, de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na de curso selectivo, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida no curso selectivo prevalecerá sobre a cualificación acadada na fase de oposición.

VII.2. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo deberá realizarse unha vez rematado o proceso selectivo, logo da oferta deles.

VII.3. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo e escala ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

VII.4. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base VII.1 unha vez aplicado o disposto na base VII.3.

VII.5. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante unha resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

VII.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas

diposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VIII. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

MATERIA XURÍDICA

Dereito civil

Tema 1. O dereito obxectivo. Concepto e clasificacións.

Tema 2. As fontes do dereito en xeral e en especial no sistema xurídico positivo español. Código civil e lexislación complementaria.

Tema 3. Aplicación das normas xurídicas. Eficacia xeral e límites no tempo e espacio. Eficacia constitutiva do dereito.

Tema 4. A persoa, concepto e clases. Persoa individual. Capacidade.

Tema 5. Situacións do estado civil e outras circunstancias que afectan a titularidade ou exercicio dos dereitos da persoa.

Tema 6. A nacionalidade. Veciñanza civil. Domicilio. Ausencia.

Tema 7. O Rexistro civil.

Tema 8. A persoa xurídica.

Tema 9. O obxecto do dereito.

Tema 10. Feito, acto e negocio xurídico. Elementos esenciais.

Tema 11. A representación.

Tema 12. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. Prescrición. Caducidade.

Tema 13. Os dereitos reais. Concepto, caracteres e clases.

Tema 14. O dereito rexistral ou hipotecario. Sistemas rexistrais con especial referencia ó sistema español.

Tema 15. O Rexistro da propiedade. Forma e efectos da inscrición. Anotacións preventivas.

Tema 16. O modo de leva-los rexistros. Dirección e inspección dos rexistros. A responsabilidade dos rexistradores.

Tema 17. As hipotecas. Hipoteca xeral, voluntaria e legal.

Tema 18. O peñor. Peñor sen desprazamento. Anticresis.

Tema 19. O dereito da propiedade. Contido. Protección. Adquisición: sistema español.

Tema 20. Modos orixinarios e derivativos da adquisición do dominio. Perda do dominio.

Tema 21. A posesión.

Tema 22. Comunidade de bens. O usufructo, uso e habitación.

Tema 23. As servidumes e demais dereitos reais limitados.

Tema 24. A obrigación. Concepto, fontes e estructura. Clasificacións.

Tema 25. Cumprimento normal das obrigacións. O pagamento. Formas especiais de pagamento. Outros modos de extinción das obrigacións. Cumprimento anormal das obrigacións: causas e consecuencias. Protección do crédito. Proba das obrigacións.

Tema 26. O contrato. Elementos e requisitos. Sistemas de contratación. Clasificacións. Xeración, perfección e consumación do contrato. Contrato preliminar. Contrato de opción.

Tema 27. Ineficacia dos contratos. Confirmación. Interpretación dos contratos.

Tema 28. Contrato de compravenda. Elementos. Obrigacións do vendedor e comprador. Compravendas especiais. A doazón.

Tema 29. Dereitos de tanteo e retracto. Cesión de dereitos e accións. A permuta.

Tema 30. O arrendamento en xeral. Arrendamento de servicios. Arrendamento de obras. Arrendamento de cousas. Arrendamento de predios rústicos. Arrendamento de predios urbanos.

Tema 31. Contratos normativos. Contrato de sociedade. Contrato de adhesión. O mandato.

Tema 32. O préstamo. O precario. O depósito. O secuestro. A fianza.

Tema 33. Contratos aleatorios. Transacción. Compromiso. Arbitraxe. Contratos abstractos. O enriquecimento sen causa. Concorrencia e prelación de créditos. Os case contratos. Obrigacións que nacen da culpa ou neglixencia.

Tema 34. Dereito de familia. O matrimonio canónico e o civil. Réximes económicos do matrimonio.

Tema 35. Patria potestade e filiación.

Tema 36. Os sistemas sucesorios. O dereito hereditario. Conceptos xerais. Capacidade para suceder. Aceptación e repudiación da herdanza.

Tema 37. As reservas hereditarias. Dereito a acrecer. Colación e partición da herdanza.

Tema 38. Sucesión testamentaria. O testamento. Clases de testamento. Capacidade para testar. Testemuñas. Disposicións testamentarias. Institución do heredeiro. Substitución. Legados. Testamentaría.

Tema 39. A sucesión forzosa. A desherdación. A preterición.

Tema 40. A sucesión intestada. A representación hereditaria. A sucesión contractual.

Dereito mercantil

Tema 41. O dereito mercantil. Os actos de comercio. As fontes do dereito mercantil.

Tema 42. O obxecto mercantil. O principio da seguridade no tráfico mercantil.

Tema 43. A empresa mercantil.

Tema 44. Protección do empresario e da empresa.

Tema 45. A publicidade no dereito mercantil.

Tema 46. O comerciante ou empresario individual. Os auxiliares do comerciante.

Tema 47. As sociedades mercantís. O contrato de sociedade. A sociedade irregular. Nacionalidade das sociedades.

Tema 48. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple. Sociedade comanditaria por accións. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 49. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A emisión de obrigacións.

Tema 50. A sociedade anónima (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 51. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación e fusión de sociedades.

Tema 52. A unión ou concentración de empresas. As sociedades e os fondos de investimento mobiliario. As sociedades cooperativas.

Tema 53. Os títulos valores.

Tema 54. A letra de cambio (I). O contrato de xiro. A Lei uniforme sobre a letra de cambio. A letra como negocio causal. Constitución da obrigación cambiaria. O endoso da letra.

Tema 55. A letra de cambio (II). A provisión de fondos. A aceptación da letra. O aval. Multiplicación da letra. O pagamento da letra. O protesto. O dereito de receso. Prescrición e decadencia da acción cambiaria.

Tema 56. O cheque. A libranza e o vale.

Tema 57. As obrigacións e os contratos mercantís. A prescrición no dereito mercantil.

Tema 58. A representación mercantil. A cesión do contrato. Contrato de comisión. O axente de aduanas.

Tema 59. Contratos de contas en participación, de mediación, corretaxe e de asistencia técnica.

Tema 60. Contrato de compravenda. Compravendas especiais.

Tema 61. Contrato estimatorio. Contrato de subministración. O «leasing». Transferencias de créditos non endosables. Permuta mercantil. O «factoring».

Tema 62. Bolsas e bolsíns de comercio. Contratos bolsistas.

Tema 63. Contrato de depósito. Afianzamentos mercantís. Contrato de préstamo. Contrato de conta corrente mercantil.

Tema 64. O sistema bancario. O Banco de España. O crédito oficial. A banca privada. A caixa de aforros e a súa normativa autonómica. Outros intermediarios.

Tema 65. Contratos bancarios. Contrato de apertura de crédito. Os bonos de caixa e certificados de depósito. Outros activos. Os contratos bancarios e a súa intervención no comercio internacional.

Tema 66. Operacións bancarias de mediación. Emisión de obrigacións e accións. Operacións sobre hipotecas. Xiros e transferencias. Compensación bancaria. Depósitos pechados e abertos.

Tema 67. Contrato de transporte terrestre.

Tema 68. Contrato de seguro. Reaseguro, contraseguro, coaseguro, seguro subsidiario. Seguro individual e seguro colectivo.

Tema 69. Suspensión de pagos e quebra.

Materia de economía xeral

Tema 1. A ciencia económica. A actividade económica. O obxecto e os problemas da economía. O método da ciencia económica.

Tema 2. Problemas centrais a toda organización económica. As posibilidades tecnolóxicas. A Lei dos rendementos decrecentes. Economía de escala. Lei dos custos relativos crecentes.

Tema 3. O pensamento económico dos clásicos. Fundamentos da economía marxista. O pensamento económico dos economistas neoclásicos.

Tema 4. O pensamento económico keynesiano.

Tema 5. Outras aportacións ó pensamento económico: monetaristas, postkeynesianos e neomonetaristas. Situación actual das investigacións no campo da macroeconomía.

Tema 6. Magnitudes agregadas básicas: producto nacional, consumo e investimento, gasto nacional. Producto nacional bruto e producto nacional neto.

Tema 7. O sector público na contabilidade nacional. Contas e magnitudes.

Tema 8. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (I). Análise polo lado da demanda. Equilibrio no mercado de bens: a curva IS. Equilibrio no mercado de diñeiro: a curva LM.

Tema 9. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (II). Análise polo lado da demanda: obtención da curva de demanda, factores que explican a Lei da demanda decrecente.

Tema 10. O sector público, as transferencias ó sector privado e os impostos.

Tema 11. Efectos da política monetaria sobre os compoñentes da demanda agregada. Problemas de diagnóstico e retardos.

Tema 12. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (III). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación keynesiana. Equilibrio no modelo keynesiano.

Tema 13. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (IV). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación clásica. Diferencias co modelo keynesiano.

Tema 14. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (V). Equilibrio no modelo keynesiano. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 15. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VI). Equilibrio no modelo clásico. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 16. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VII). Equilibrio no modelo estático básico con oferta de traballo sensible ós cambios de nivel de prezos en menor medida que as variacións de salarios. As políticas monetarias e fiscal no modelo estático básico.

Tema 17. Ampliación do estudio da función de demanda agregada do consumo privado. A teoría keynesiana.

Tema 18. O gasto, a renda relativa de Duessemberry, demanda de consumo, renda normal. A teoría da renda permanente de Friedman. A teoría do ciclo vital de Modigliani, Brumberg e Ando.

Tema 19. Ampliación do estudio da función de investimento. O criterio de valor do investimento. A taxa marxinal do capital, o tipo de interese e a eficacia marxinal do investimento.

Tema 20. A función de aforro. A súa natureza. Equilibrio aforro-investimento. O papel do sector público na canalización do aforro.

Tema 21. Ampliación do estudio da demanda de diñeiro: a teoría cuantitativa clásica (Fisher). A formulación Cambridge. A preferencia pola liquidez

keynesiana. A teoría cuantitativa moderna (Hicks, Friedman). O método de inventario aplicado á demanda de diñeiro (Baumol-Tobin).

Tema 22. Ampliación do estudio da oferta monetaria: definición M1, M2 e M3. O mecanismo de expansión monetaria. A oferta monetaria sensible ó xuro e a súa inserción no modelo estático clásico.

Tema 23. Un modelo de determinación da renda nunha economía aberta: a conta corrente e o equilibrio do mercado productivo. A conta de capital e o equilibrio da balanza de pagos. O axuste da balanza de pagos e a curva LM. Plan de acción para axusta-la balanza de pagos.

Tema 24. O axuste da balanza de pagos e a política monetaria. Introducción. O axuste da balanza de pagos nun sistema de cambio fixo. O axuste da balanza de pagos nun sistema de cambio fluctuante.

Tema 25. A política monetaria e a política fiscal ante as situacións de desequilibrio nunha economía aberta. Retardos e coordinación.

Tema 26. Nivel de emprego, salarios e prezos. Introducción. Nivel de emprego e salarios reais. Salarios monetarios e nivel de emprego na oferta do mercado de traballo. Salarios monetarios e nivel de emprego da demanda do mercado de traballo.

Tema 27. Os prezos e a política de rendas. O nivel de prezos e as súas variacións. As curvas de Philips e a política de rendas.

Tema 28. A inflación: o proceso inflacionista. Efectos da inflación.

Tema 29. A distribución da renda. Medición das diferencias persoais, espaciais e funcionais. O sector público e a función de distribución da renda.

Tema 30. O sistema financeiro (I). Estructura do sistema monetario. O Banco Central. As súas funcións.

Tema 31. O sistema financeiro (II). Os bancos comerciais e os intermediarios financeiros non bancarios. Variacións nas reservas bancarias. Controis indirectos e controis selectivos do crédito. Equilibrio nos mercados de activos.

Tema 32. O sistema financeiro (III). Os fluxos monetarios e a transmisión dos impulsos monetarios. O problema da causación inversa.

Tema 33. O sistema financeiro (IV). A análise da oferta monetaria. Os fluxos financeiros da economía. Integración de fluxos financeiros e os fluxos reais.

Tema 34. Teoría da demanda baseada no concepto de utilidade, utilidade total e utilidade marxinal. O comportamento do consumidor. Obtención da curva de demanda. Efecto renda e efecto substitución.

Tema 35. Teoría da demanda baseada nas curvas de indiferencia. As curvas de indiferencia. As súas características. O equilibrio do consumidor. As curvas de demanda. Efecto renda, efecto substitución. Distintos tipos de curvas de demanda.

Tema 36. Outros aspectos da teoría da demanda. A teoría da demanda baixo os supostos do equilibrio parcial. O excedente do consumidor. A teoría da preferencia revelada.

Tema 37. A función de producción. Curvas isocuantas e isocustos: concepto, características e obtención. Función de producción homoxénea. As curvas de producto a curto prazo: a lei de rendementos decrecentes.

Tema 38. Os custos de producción (I). Concepto. Curto prazo: curvas de custos. Relacións e propiedades xeométricas das curvas de custo a curto prazo.

Tema 39. Os custos de producción (II). O longo prazo: curvas de custos. Economía e deseconomías de escala. Relacións entre curvas de custo a curto e longo prazo: dimensión óptima.

Tema 40. O mercado de competencia perfecta: a oferta. Características deste modelo de mercado. A curva de oferta da empresa a curto prazo. A curva de oferta da industria a curto prazo. A oferta a longo prazo da empresa e da industria.

Tema 41. O mercado de competencia perfecta. O prezo. O prezo do equilibrio. As elasticidades da oferta e a demanda. A estabilidade do equilibrio. O teorema da arañeira.

Tema 42. O monopolio da oferta (I). Concepto. Os ingresos e o prezo. O equilibrio. Discriminación de prezos. O monopolio con múltiples plantas.

Tema 43. O monopolio da oferta (II). Efectos do monopolio. A intervención sobre os monopolios. O monopolio con fins sociais. A política do marxe constante.

Tema 44. Outros modelos do mercado. O oligopolio: concepto. Tipos de interdependencia de oligopolistas. Teoría de comportamento oligopolístico. A competencia monopolística. O poder do monopolio.

Tema 45. A formación do prezo dos factores de producción. Introducción. As leis de distribución nun mercado de competencia perfecta. As leis de distribución en condicións monopolísticas.

Tema 46. Teoría económica do benestar. As condicións do óptimo. A curva de posibilidades de utilidade. A función de benestar social e o benestar económico.

Tema 47. Imperfeccións da competencia. Externalidades e fallos do mercado. Fundamento da intervención do sector público.

Tema 48. Equilibrio xeral. Explicación do funcionamento do equilibrio xeral a través da interacción de dous mercados e de tres mercados. Expresión analítica do equilibrio xeral.

Tema 49. Comercio internacional. Formulación clásica da teoría da vantaxe comparativa. A relación real de intercambio. As funcións de producción na teoría de comercio internacional.

Tema 50. O modelo de Heckscher-Ohlin. A dotación dos factores e a estructura productiva. Relacións entre prezos e factores de prezos de productos. Contrastacións empíricas.

Tema 51. A estructura do comercio mundial. Crecemento económico e comercio internacional. Formulacións teóricas.

Tema 52. A protección arancelaria. Métodos de protección.

Tema 53. A protección non arancelaria. A protección efectiva. A teoría da integración. Problemas de organización de comercio internacional.

Tema 54. A teoría do ciclo económico (I). Introducción. A teoría da innovación de Schumpeter. O modelo de Kaldor.

Tema 55. A teoría do ciclo económico (II). A interacción do multiplicador e o acelerador segundo Samuelson. A teoría de Hicks.

Tema 56. O crecemento económico (I). Introducción. Significación e medida do crecemento económico. Economías desenvolvidas e subdesenvolvidas.

Tema 57. O crecemento económico (II). A teoría do crecemento de Harrold-Domar. A teoría neoclásica do crecemento.

Tema 58. Estructura económica de España (I). O sector FAO: perfil histórico da política agraria en España: a estructura agraria actual. Breve estudio dos subsectores do sector FAO.

Tema 59. Estructura económica de España (II). O sector industrial: etapas do proceso de industrialización español, o INI. Problemas actuais da política industrial.

Tema 60. Estructura económica de España (III). O sector industrial: o sector enerxético. As industrias extractivas. A siderurxia. A construcción naval. A industria da construcción e a política da vivenda.

Tema 61. Estructura económica de España (IV). Sistema financeiro. O Banco de España. Entidades oficiais de crédito. A banca privada. As caixas de aforro.

Tema 62. Estructura económica de España (V). As entidades de seguros. Outros intermediarios financeiros. A bolsa.

Tema 63. As sociedades mercantís: clases.

Tema 64. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 65. A sociedade anónima (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 66. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación e fusión de sociedades.

Tema 67. A letra de cambio (I). O contrato de xiro. A Lei uniforme sobre a letra de cambio. A letra como negocio causal. Constitución da obligación cambiaria. O endoso da letra.

Tema 68. A letra de cambio (II). A provisión de fondos. A aceptación da letra. O aval. Multiplicación da letra. O pagamento da letra. O protesto. O dereito de receso. Prescrición e decadencia da acción cambiaria.

Tema 69. O cheque. A libranza e o vale.

Materia de economía de empresa

Tema 1. Economía da empresa: concepto, obxecto e contido. A empresa como realidade económica. Funcións e elementos da empresa.

Tema 2. Concepto e clases de empresas.

Tema 3. A empresa e o seu marco institucional. A empresa e o mercado: a actividade comercial na empresa e o sistema económico. O mercado e a competencia. A demanda.

Tema 4. O empresario: o seu concepto na economía moderna. Expectativas, estratexias e política. O contorno, límites e metas.

Tema 5. Os obxectivos da empresa. Sistemas de dirección e xestión.

Tema 6. As teorías e principios de organización. Principais modelos de organización.

Tema 7. A organización estructural. As relacións e as comunicacións. Os diferentes tipos de autoridade. A responsabilidade. As relacións na empresa.

Tema 8. Os traballos en grupo. As distintas clases de grupos. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 9. A centralización ou descentralización da autoridade. Grao de descentralización. Campo. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 10. A estructura de organización. Análise do mesmo.

Tema 11. A planificación na empresa: o seu concepto. O papel da planificación. Establecemento de metas. A dimensión da planificación. O proceso de planificación.

Tema 12. As decisións na empresa e os sistemas de toma de decisións: concepto e clases. O proceso de toma de decisións.

Tema 13. A información no proceso de decisións.

Tema 14. O control da empresa: concepto. Elementos. O proceso de control. O control en directo.

Tema 15. Os principais sistemas de control. Enumeración, contido e alcance.

Tema 16. A integración da planificación e o control.

Tema 17. Política de persoal: planificación, selección, formación, promoción e retribución. Motivación.

Tema 18. A estructura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. Equilibrio entre investimentos e financiamentos. O concepto de fondo de rotación.

Tema 19. O investimento na empresa: concepto. Clases de investimento.

Tema 20. Os métodos clásicos de valoración e selección de proxectos de investimento. O período de maduración: concepto e cálculo.

Tema 21. Selección de investimentos: método de valor capital. Método de taxa de retorno. Similitude entre ambos métodos. O problema das taxas de retorno múltiples.

Tema 22. As decisións de investimentos secuenciais. As árbores de decisión. A análise bayesiana.

Tema 23. O investimento en bens de equipo. Determinación da duración óptima. Decisións de renovación de equipos.

Tema 24. O investimento en efectivo. O saldo óptimo da tesourería. Determinación de activo circulante.

Tema 25. O financiamento interno ou autofinanciamento. A amortización: causas da depreciación. A función financeira das amortizacións.

Tema 26. Métodos de amortización. O efecto expansivo da amortización.

Tema 27. O autofinanciamento propiamente dito. O autofinanciamento no balance. O seu efecto multiplicador. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 28. O custo do autofinanciamento para a empresa.

Tema 29. O financiamento da empresa (I). Mercado primario e secundario de valores. A emisión de valores. O dereito de subscrición. Valoración de accións e obrigacións.

Tema 30. O financiamento da empresa (II). O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento permanente.

Tema 31. O financiamento externo da empresa: contratos de «leasing», «factoring», «renting». Outras formas de financiamento externo.

Tema 32. Financiamentos especiais de inmobilizado. O «leasing», «factoring», «renting». Outras formas de financiamento externo.

Tema 33. O custo do capital (I). O custo efectivo dunha fonte de financiamento particular. O custo da débeda. O custo do capital ordinario.

Tema 34. O custo do capital (II). O custo das accións privilexiadas. Custo dos beneficios retidos. O custo do capital medio ponderado.

Tema 35. A estructura financeira óptima da empresa e política de dividendos. Endebedamento e rendibilidade financeira. A estructura financeira óptima. A tese de Modigliani-Miller e a tradicional.

Política e dividendos e o valor das accións. O modelo de Gordon.

Tema 36. A valoración externa da empresa. Principios básicos. Valor matemático ou contable, valor de liquidación, valor de reposición, valor substancial, valor bolsista e valor de rendemento da empresa. O concepto de «goodvill». Método para determina-lo valor global da empresa.

Tema 37. Teoría do beneficio contable (I). O beneficio da empresa. A relatividade de beneficio.

Tema 38. A información contable da empresa e a inflación. O problema. As solucións. A empresa española e a inflación.

Tema 39. A planificación financeira. Concepto. Modelos de planificación financeira. Modelo simplificado de planificación financeira. O modelo de «Goran Erikson».

Tema 40. O sistema de producción: concepto e elementos. Clases de procesos. Obxectivos e decisións do sistema de producción.

Tema 41. Análise e deseño do sistema de producción. Distribución de servicios e manexo de materiais.

Tema 42. Os custos de producción: concepto e clasificación. Formación do custo.

Tema 43. O control de custos. As desviacións económicas e técnicas. A desviación total.

Tema 44. Principios e modelos de producción. Volume óptimo de producción a curto prazo. Modelo inicial de programación de producción.

Tema 45. A programación de sistemas de multiproducción. A programación lineal e o método de Simplex.

Tema 46. Planificación da producción. Análise de postoptimalidade ou de sensibilidade. Variacións nas limitacións do programa de producción. Variación na contribución dos procesos ós obxectivos da empresa. Cambios nos procesos productivos. Dualidade e prezos implícitos.

Tema 47 .Programación temporal de proxectos (I). Técnicas de programación temporal. Actividades de duración aleatoria. Programación de custos e aceleración temporal.

Tema 48. Control de inventarios: concepto e clases de inventarios. Custo dos inventarios. A administración de inventarios. Determinación de existencias óptimas. Cálculo de «Stock» de seguridade.

Tema 49. A comercialización («marketing»): concepto, funcións e sistemas de «marketing». Técnicas e modelos principais.

Tema 50. Investigación de mercados. Mercado e contorno. Segmentación de mercados.

Tema 51. Técnicas de avaliación da demanda: análise estatística. Investigación mediante enquisa, experimentación, outras técnicas.

Tema 52. Análise económica do programa de «marketing». Sensibilidade ó óptimo e ós parámetros da función da demanda. Regras de optimización ó prezo de venda. Función de resposta publicidade-vendas. Regras de optimización do orzamento de publicidade. Relación entre elasticidade-prezo, ingreso marxinal publicitario e orzamento de publicidade. Participación de elasticidades con demanda global non expansible.

Tema 53. Política de producto (I). O producto e os seus atributos. Identificación do producto. O ciclo de vida dun producto. Liña de productos.

Tema 54. Política de producto (II). Os novos productos. Busca, selección e análise de novos productos. Introducción e lanzamento de novos productos.

Tema 55. Política de prezos. Modelos para determinación de prezos. Variacións de prezos e os seus efectos.

Tema 56. A distribución do producto. Natureza e tipos de canles de distribución e intermediarios. Elección dos canles de distribución. A distribución física. Campos de acción e compoñentes. Obxectivos. Principais alternativas.

Tema 57. A dimensión da empresa. Criterios delimitadores do tamaño. Factores relacionados coa dimensión óptima. Teorías sobre o tamaño da empresa baseados nas economías de escala. Dimensión e ocupación.

Tema 58. O crecemento da empresa. Estratexias de crecemento. Planificación. Adaptación organizativa ó obxectivo de crecemento.

Tema 59. As empresas multinacionais. Evolución e causas de aparición. Estructura delas. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 60. A empresa pública. Concepto. Obxectivos da empresa pública. Efectos macroeconómicos. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 61. O sistema de control da empresa pública. Crítica do sistema de control.

Tema 62. O financiamento da empresa pública. Metodoloxía. As fontes de financiamento externas. A estructura financeira.

Tema 63. As sociedades mercantís. Clases.

Tema 64. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 65. As sociedades anónimas (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 66. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación e fusión de sociedades.

Tema 67. A letra de cambio (I). O contrato de xiro. A Lei uniforme sobre a letra de cambio. A

letra como negocio causal. Constitución da obrigación cambiaria. O endoso da letra.

Tema 68. A letra de cambio (II). A provisión de fondos. A aceptación da letra. O aval. Multiplicación da letra. O pago da letra. O protesto. O dereito de receso. Prescrición e decadencia da acción cambiaria.

Tema 69. O cheque, a libranza e o vale.

ANEXO II

Programa de contabilidade e matemáticas financeiras

1. Contabilidade.

-Contabilidade financeira superior e de sociedades.

2. Matemáticas financeiras.

-Capitalización simple e composta.

-Rendas constantes, variables e fraccionadas.

-Amortizacións de préstamos e empréstitos.

-Operacións con valores mobiliarios.

ANEXO III

Parte 1ª. Dereito comunitario

Tema 1. A Unión Europea: obxectivos, natureza e fins. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europea. O Tratado de Maastrich.

Tema 2. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía. Características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

Tema 3. Institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento. O Tribunal de Xustiza.

Tema 4. As competencias da comunidade. Marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. Relacións entre competencia comunitaria e competencia nacional. Participación de entes territoriais non estables no proceso decisorio.

Tema 5. As liberdades básicas: libre circulación de mercadorías, persoas, servicios e capitais.

Tema 6. O orzamento da U.E. Os instrumentos financeiros.

Tema 7. Políticas comúns. Especial referencia á política de competencia e política agraria.

Parte 2ª. Dereito constitucional e administrativo

Tema 8. A Constitución española de 1978. Características. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 9. As Cortes Xerais. As funcións das Cortes. O funcionamento das Cortes.

Tema 10. A Coroa. O Rei. O Tribunal Constitucional.

Tema 11. O Goberno. Composición. Funcións. Relacións con outros poderes.

Tema 12. O poder xudicial. Os dereitos e liberdades públicas.

Tema 13. A Administración e o dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos-leis. A delegación lexislativa.

Tema 14. O regulamento, a potestade regulamentaria. Os regulamentos ilegais.

Tema 15. Os diversos entes públicos e a súa personificación. A personalidade xurídica da Administración institucional. A Administración coorporativa e as fundacións públicas.

Tema 16. As entidades municipais. As entidades provinciais.

Tema 17. As potestades administrativas. O principio de legalidade, a autotutela administrativa.

Tema 18. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clase. Forma. Eficacia.

Tema 19. A invalidez dos actos administrativos. As irregularidades non invalidantes. A renovación e revisión de oficio dos actos administrativos.

Tema 20. Os contratos administrativos. Formación histórica e sentido actual. Os contratos privados da Administración. O procedemento de contratación en xeral.

Tema 21. Réxime legal dos contratos administrativos de obras, servicios e subministracións.

Tema 22. O dominio público e o patrimonio dos entes públicos.

Tema 23. A noción do servicio público. Os modos de xestión do servicio público.

Tema 24. A posición xurídica do administrado. Os dereitos subxectivos do administrado. As situacións favorables e desfavorables do administrado. As sancións administrativas.

Tema 25. A expropiación forzosa. A potestade expropiatoria da administración.

Tema 26. A responsabilidade da administración e os seus axentes.

Tema 27. O procedemento administrativo. Principios. Estructura.

Tema 28. Os recursos administrativos.

Tema 29. A xurisdición contencioso administrativa. Extensión e límites. As partes do procedemento. A sentencia. Recursos.

Tema 30. A Administración pública e a xustiza: conflictos xurisdicionais, cuestións de competencia e conflictos de atribucións.

Tema 31. A Administración consultiva. A Administración periférica do Estado.

Parte 3ª. Dereito autonómico

Tema 32. Os ordenamentos autonómicos. Relación co ordenamento estatal.

Tema 33. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

Tema 34. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 35. Organización política das Comunidades Autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

Tema 36. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 37. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción do goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 38. Competencias das Comunidades Autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás Comunidades Autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

Tema 39. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais: marco de transferencias e de delegación.

Tema 40. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma. Especial referencia á Consellería de Economía e Facenda.

Tema 41. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. A xestión do persoal ó servicio da Xunta de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Parte 4ª. Facenda pública.

Tema 42. Actividade económica e actividade financeira: concepto e características. Funcións da Facenda pública: asignación, distribución e estabilización. Instrumentos e medios. Coordinación das devanditas funcións.

Tema 43. O suxeito da actividade financeira. O sector público. Delimitación. Operacións que realiza. Indices para aprecia-la súa dimensión.

Tema 44. Teoría dos bens sociais: os bens sociais e os erros do mercado. Limitacións. Os bens case públicos. A elección colectiva: sistemas políticos de representación. Interese público e grupos sociais.

Tema 45. O orzamento (I): concepto e fins. Principios clásicos e crise. O orzamento agregado do sector público.

Tema 46. O orzamento (II). Estructura. As distintas técnicas orzamentarias: orzamento administrativo, funcional, de contas de renda nacional, de caixa, de execución PPBS, orzamento de base cero. Situación actual e perspectiva.

Tema 47. O gasto público. Concepto e clasificación. Estructura e crecemento. Límites do gasto público.

Tema 48. A teoría do gasto público. Criterios de elección social. A eficacia e a eficiencia no gasto público. A análise custo-beneficio.

Tema 49. Efectos económicos das diferentes clases de gasto público.

Tema 50. Os ingresos públicos. Concepto. A clasificación dos ingresos públicos. Os ingresos públicos de natureza contractual: clases e conceptos. Os ingresos públicos de carácter coactivo: concepto.

Tema 51. O imposto: concepto. Fundamento. Clasificación. Os efectos económicos da imposición. A percusión, traslación, incidencia e evasión impositiva. A difusión, a amortización e a remoción impositiva.

Tema 52. Os principios da imposición. Principios político-sociais. Principios político-económicos. Principios técnico-tributarios. Relación destes principios cos fins da Facenda pública. Esixencias impositivas derivadas dos principios impositivos.

Tema 53. O financiamento dos bens case públicos. Os impostos finalistas. Os prezos. Os ingresos administrativos.

Tema 54. O sistema da Seguridade Social e o seu financiamento.

Tema 55. O déficit público (I). Diversas acepcións do concepto. Causas do déficit público.

Tema 56. O déficit público (II). Efectos económicos. O financiamento do déficit público e os seus efectos.

Tema 57. A Facenda pública extraordinaria: concepto e fundamento. Ingresos públicos extraordinarios. A inflación como imposto. Teorías. Fundamento e efectos.

Tema 58. Concepcións sobre a débeda pública. concepción clásica. Nova ortodoxia e revisión de Buchanan: a débeda pública como instrumento de estabilidade.

Tema 59. A política fiscal ó servicio dos fins de estabilidade e crecemento económico. Os estabilizadores fiscais automáticos discrecionais. A fórmula do orzamento con equilibrio anual.

Tema 60. A fórmula do superávit orzamentario do pleno emprego. Política monetaria versus política fiscal.

Parte 5ª. Dereito financeiro e orzamentario

Tema 61. O dereito financeiro: concepto, autonomía e contido. O dereito orzamentario: concepto e contido.

Tema 62. A Lei xeral orzamentaria: estructura e principios xerais. Dereitos e obrigacións da Facenda pública.

Tema 63. O orzamento do Estado en España. Regulación xurídica. Elaboración. Modificacións orzamentarias.

Tema 64. O gasto público. A execución do orzamento de gastos. O procedemento administrativo de execución do gasto público. O acto administrativo de ordenación de gastos e pagos. Competencia, principios e procedementos establecidos legalmente para a súa execución.

Tema 65. O Tesouro público: funcións e competencias. O financiamento dos orzamentos xerais do Estado. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais do Tesouro público.

Tema 66. O dereito da contabilidade pública. O plan xeral da contabilidade pública. A conta xeral do Estado. As contas económicas do sector público.

Tema 67. O control da actividade financeira (I). Concepto. Clases. Órganos que o realizan. O control externo. O Tribunal de Cuentas. O control parlamentario.

Tema 68. O control da actividade financeira (II). Control de ingresos e control de gastos. Control financeiro, control de eficacia. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública.

Tema 69. Lei 11/1992, do 7 de outubro de réxime financeiro e presupostario de Galicia. A facenda e o patrimonio da comunidade. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. Control orzamentario: o Consello de Contas.

Parte 6ª. Dereito tributario

Tema 70. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 71. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e ámbito espacial. A fraude lei. A analoxía no dereito tributario.

Tema 72. Os tributos. Impostos, taxas e contribucións especiais. A relación xurídica-tributaria. O feito impoñible e o devengo. Exencións obxectivas.

Tema 73. Base impoñible e base liquidable. Réximes de determinación ou estimación da base impoñible. Cota e débeda tributaria. Garantía do crédito tributario.

Tema 74. Os elementos persoais da débeda tributaria. Suxeitos pasivos, exencións subxectivas. Os responsables tributarios. O retedor. Capacidade, representación e domicilio.

Tema 75. A extinción da obrigación tributaria. O pago. A prescrición. Outras formas de extinción.

Tema 76. O procedemento de xestión tributaria. A declaración. As liquidacións tributarias. As autoliquidacións. A comprobación de valores. A consulta tributaria.

Tema 77. A recadación dos tributos. Órganos recadadores. Procedemento. O convenio de recadación.

Tema 78. A inspección dos tributos. Órganos. Funcións. Facultades. O procedemento de inspección tributaria. A documentación das actuacións inspectoras.

Tema 79. Infraccións tributarias. Concepto e clases. Sancións tributarias. Delicto fiscal. Contrabando.

Tema 80. A revisión de actos en vía administrativa. Procedemento especial de revisión. O recurso de reposición. O procedemento económico-administrativo: natureza e órganos de resolución.

Tema 81. O procedemento económico-administrativo: materias impugnables, interesados, actos impugnables e extensión da revisión. Suspensión do acto impugnado. O procedemento en única ou primeira instancia. Os recursos.

Tema 82. O sistema tributario español. Imposición directa e indirecta: estructura e relacións. Hamornización fiscal comunitaria.

Tema 83. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Estimación de rendementos. O suxeito pasivo. Obriga persoal e real de contribuír. Determinación da base impoñible en estimación directa. Rendementos do traballo, do capital e de actividades empresariais ou profesionais.

Tema 84. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Incrementos e diminucións de patrimonio. Imputación de rendas. Imputación temporal de ingresos e gastos. A estimación obxectiva. A estimación indirecta. Clases de renda: integración e compensación. A base liquidable. Determinación da débeda tributaria. Tributación conxunta. Período de imposición e devengo. Xestión do imposto.

Tema 85. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto. Referencia ó imposto sobre bens inmobles de entidades non residentes.

Tema 86. O imposto sobre sociedades (I). Natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible.

Tema 87. O imposto sobre sociedades (II). Período impositivo. Devengo do imposto. Compensación de perdas. Débeda tributaria: tipo de gravame, cota

íntegra, deduccións e bonificacións. Xestión do imposto.

Tema 88. O imposto sobre sucesións e doazóns. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible. Débeda tributaria.

Tema 89. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Operacións non suxeitas. Exencións. Lugar de realización do feito impoñible. Devengo do imposto. Suxeito pasivo. Repercusión.

Tema 90. O Imposto sobre o valor engadido. A base impoñible. Procedemento de determinación. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deduccións. Devolucións. Réximes especiais.

Tema 91. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 92. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Operacións societarias: feito impoñible, base impoñible, suxeito pasivo. Actos xurídicos documentados.

Tema 93. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación. O imposto especial sobre determinados medios de transporte. O imposto sobre as primas de seguros.

Tema 94. Réxime tributario do comercio exterior. Dereitos á importación. Suxeitos pasivos.

Tema 95. A tributación sobre o xogo: máquinas recreativas, casinos, bingos, rifas, tómbolas e combinacións aleatorias. Especial referencia á lexislación autonómica.

Tema 96. As taxas e prezos. Lei de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 97. O financiamento das comunidades autónomas (I): principios. Recursos financeiros. Participación nos ingresos do Estado. Taxas. Réxime especial: País Vasco e Navarra.

Tema 98. O financiamento das comunidades autónomas (II): os tributos cedidos. A cesión parcial do IRPF. Capacidade normativa das Comunidades Autónomas. Recargos sobre impostos do Estado. Outros medios de financiamento.

Tema 99. O sistema tributario local (I). A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e características. Os impostos municipais potestativos e obrigatorios.

Tema 100. O sistema tributario local (II). Outros recursos. Taxas e contribucións especiais. Recargos e participacións nos tributos do Estado.

8671